Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 19-07-2024
    A Mostra Internacional de Teatro converte a Ribadavia na capital das artes escénicas ata o día 27 de xullo. A 40ª edición da Mostra reúne ás mellores compañías teatrais nacionais e internacionais e, ademais, está marcada polo recoñecemento á danza e ás artes en movemento. Conversamos co seu director, Roberto Pascual, da programación desta edición e da evolución desta cita cultural, nas súas palabras: “motor de cohesión e igualdade”.
    Na sección de recomendacións literarias trasladámonos á cociña. Raquel C. Pico fálanos de libros de receitas, de historia culinaria sobre a despensa galega e de viaxes gastronómicas.
    31 min
  • 'Padre no hay más que uno. Campanas de boda'
    O compañeiro Moncho Lemos trae unha película de estrea destinada a arrasar na billeteira: 'Padre no hay más que uno. Campanas de boda'.
    Santiago Segura volve ós cines, agora coa cuarta entrega da saga. Coas outras tres tomas recadou case 40 millóns de euros rachando récords en encabezando as listas das películas españolas máis vistas dos últimos tempos.
    15 min
  • Diario cultural 18-07-2024
    Setestrelo é un grupo de teatro integrado por persoas cegas ou con grandes dificultades de visión. A compañía preséntase en Vigo coa obra “Arroutada”, unha comedia irreverente adaptación dunha obra de Max Aub. Conversamos sobre este proxecto coa súa directora, Mónica Sueiro, e un dos actores, Rogelio Estévez.
    Chega á carteleira a cuarta entrega da saga “Padre no hay más que uno” de Santiago Segura. O noso especialista en cine Moncho Lemos fálanos de “Campanadas de boda” e das 3 películas anteriores.
    31 min
  • Diario cultural 17-07-2024
    ‘IKFEM Festival Tui-Valença’ é UNHA ponte musical, cultural e creativa entre España e Portugal, que hoxe comeza a súa décimo-segunda edición, que se celebrará ata o próximo día 21.
    Tamén pasará Estíbaliz Espinosa, colaboradora de ciencia e cultura, para falarnos das carrachas.
    31 min
  • Diario cultural 17-07-2024
    “Pausa” é o último disco do jazzista galego Hilario Rodeiro, afincado en Euskadi dende hai 20 anos. Coñecemos a súa traxectoria como compositor, o seu traballo con distintas bandas e as inquedanzas que o levan a moverse entre o jazz, o pop, a música de cámara, a electrónica e o sons experimentais.
    Novo ciclo “Novas músicas” en Lugo. Darío Real, membro da directiva de Teleclube, organizadora do evento, explica o programa dun evento centrado na música máis vangardista.
    O noso experto musical Carlos Crespo fálanos das colaboracións, cada vez máis frecuentes, entre os músicos galegos e invítanos a escoitar algúns exemplos.
    31 min
  • Diario cultural 16-07-2024
    A Orquestra de cadeiras encartables vén de debutar nas Festas do Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. Está dirixida por Xavi Lozano, multiinstrumentista catalán e presente como músico en formacións como Bufa & Sons ou a banda de Eliseo Parra. Hoxe conversamos con el e co músico Xián Herrera para coñecer este proxecto máis de preto.
    Pola súa banda, Vicente Feijoo fálanos da proxección da toponimia no mundo do ensino e na sociedade en xeral.
    31 min
  • Diario cultural 16-07-2024
    “GEAS Mulleres que estudan a Terra”, no MUNCYT da Coruña, descobre a 12 mulleres que avanzaron no coñecemento da ciencia retando á sociedade da súa época. Conversamos con Ana Ruiz, unha das responsables da mostra, sobre estas mulleres, sobre as súas aportacións ó coñecemento da Terra, que quedaron silenciadas.
    Titirivedra converte a Pontevedra na capital dos títeres. Espectáculos para tódolos públicos. Miguel Borines, actor da compañía Tanxarina, descóbrenos algúns detalles do espectáculo “Titiricircus”, que levan representando dende hai máis de 30 anos.
    O noso medievalista Miguel García Fernández fálanos de dúas Marías: María la Balteira e María Castaña.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades