Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 12-07-2024
    O Festival de Ortigueira ofrece deica o domingo actuacións do talle de Backwest, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kanaris Quintet, a propia Escola de gaitas de Ortigueira, Caledonia Pipe Band, Nogood Boyo, Dervish ou Capercaillie.
    Falamos con Xan Pampín,do grupo Ailá, e co gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.
    Raquel C. Pico estrea colaboración con estas tres propostas literarias;
    A campá de vidro, de Sylvia Plath. Tradución de Celia Recarey.
    Nos días encantados de agosto, de Manolo González
    O marabilloso mundo das profesións.Tradución: María Reimóndez.
    31 min
  • 'Fly me to the moon'
    Tempo para as estreas con Moncho Lemos... con aromas a Frank Sinatra. "Fly me to the moon", protagonizada por Scarlett Johansson e Channing Tatum.
    12 min
  • Os viquingos chegan a Compostela
    A exposición "Unha vida viquinga", na Cidade da Cultura, agrupa 120 pezas arqueolóxicas únicas chegadas de Suecia, Dinamarca e Francia... e unha barca viquinga de 17 metros! A mostra pretende achegar unha visión máis rica e veraz sobre a cultura viquinga, cuestionando todos os clichés.
    15 min
  • A crónica deportiva 11-07-2024
    Dani Vivian fala de Lamín Yamal na selección.
    O RC Celta xogará o venres 23 de agosto en Balaídos co Valencia e o luns 26 en Vilarreal.
    O RC Deportivo - Racing Club Ferrol da 3ª xornada na 2ª será o domingo 1 de setembro ás 17:00h en Riazor.
    Diego Vitra deixa o fútbol, con 29 anos, despóis de 3 temporadas no CD Arenteiro.
    30 min
  • Diario cultural 11-07-2024
    A exposición "Unha vida viquinga", na Cidade da Cultura, agrupa 120 pezas arqueolóxicas únicas chegadas de Suecia, Dinamarca e Francia... e unha barca viquinga de 17 metros! A mostra pretende achegar unha visión máis rica e veraz sobre a cultura viquinga, cuestionando todos os clichés.
    Tempo para as estreas con Moncho Lemos... con aromas a Frank Sinatra: "Fly me to the moon", protagonizada por Scarlett Johansson e Channing Tatum.
    31 min
  • Diario cultural 11-07-2024
    Atallamos dúas citas culturais imprescindibles dos vindeiros días: O Fechiño, Festival Rupestre de Proximidade que celebra a súa terceira edición na aldea compostelá de San Xoán de Fecha; e o Abride a Fiestra, sexta edición que terá lugar este ano o domingo 14 de xullo.
    Ademais, Tito Lesende achéganos a súa selección musical para este xoves de xullo.
    31 min
  • Xoves de Códax
    Miguel Poveda e Miguel Lamas abren a XI edición do ciclo musical «Os xoves de Códax» coas entradas esgotadas.
    Falamos con eles e con Rosa Bugallo, directora artística nas adegas Martín Códax.
    31 min
  • De Baiuca a De Ninghures
    De Baiuca a De Ninghures. Carlos Crespo fálanos dos grupos que están renovando a música tradicional galega mesturándoa coa electrónica.
    31 min
  • Conta atrás no Festival de Ortigueira
    Mañá comeza o Festival Internacional de Música Celta. Emilio Españadero, director de ‘Lume na Palleira” debulla o programa con Bruno Lozano, o presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades