Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • O Galicia Clarinet Fest
    Luís Miguel Crespo debulla o Galicia Clarinet Fest, que vai ter lugar en Lalín do 12 ao 19 deste mes. A capital do Deza será o epicentro mundial do virtuosismo do clarinete, ofrecendo un espazo académico, formativo e de ocio.
    31 min
  • Galego sen fronteiras
    XXXIV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolven en Santiago dende o pasado día 3 e ata o 24
    Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña.
    Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e outra do Brasil.
    31 min
  • Ruta emocional por Serra de Outes
    Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes.
    Esta ruta litoral de pouco máis de tres quilómetros permite coñecer a carpintaría de ribeira, que a comezos do século XX foi fundamental no desenvolvemento da zona. Vai de Freixo, pasando pola praia de Siavo, ata o areal de Broña . Poden mirarse ramplas de pescadores, obradoiros artesanais e ata un museo.
    31 min
  • Atlantic Pride
    Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana.
    Nesta quinta edición cun marcado carácter eurovisivo...
    31 min
  • A crónica deportiva 08-07-2024
    Falamos con Miguel Alonso, director de metodoloxía do Olimpic de Marsella, sobre o Francia-España de semifinais da Eurocopa.
    Resumimos a emotiva presentación de Iker Losada no Betis.
    O Noia FS trae de volta a Galicia a Rubén Lemos "Rubi".
    30 min
  • Diario cultural 08-07-2024
    Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector, desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana.
    Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes
    31 min
  • Diario cultural 08-07-2024
    XXXIVedición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia.
    Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña.
    Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e outra do Brasil.
    Luís Miguel Crespo debulla o Galicia Clarinet Fest, que vai ter lugar en Lalín do 12 ao 19 deste mes.
    31 min
  • Arranca a cátedra Rosalía de Castro na USC
    Bota a andar na USC a cátedra institucional Rosalía de Castro.
    Falamos coa súa codirectora, Mª do Cebreiro Rábade Villar, dos antecedentes e proxectos desta novo foco académico para alumear como merece a insigne poeta galega e universal
    31 min
  • A crónica deportiva 05-07-2024
    O partido con maiúsculas, España- Alemaña, nos cuartos da Eurocopa.
    Iker Losada levanta expectación na súa chegada a Sevilla para fichar polo Betis.
    Falamos con Javier Pardo, o mellor galego na saída (4º), do 57º Ralli Rías Baixas, e o asturiano Alejandro Cachón, que foi o primeiro.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades