Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Adeus a Justo Beramendi
    Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi.
    Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada.
    Co seu libro "De provincia a nación. Historia do galeguismo político" gañou o Premio Nacional de Ensaio en 2008. A obra xa recibira o Premio da Crítica de Galicia.
    31 min
  • A crónica deportiva 03-07-2024
    O dianteiro de Silleda Joselu fala da súa saída do Real Madrid e do partido vindeiro da Selección fronte Alemaña.
    O canteirán do RC Celta José Fontán marcha traspasado ao Arouca portugués.
    O presidente do CD Lugo fala de orzamentos (4,6 millóns de euros), débeda e posibles traspasos.Tino Saqués non contempla en vender a totalidade das suas accións.
    Sete atletas de Galicia serán os que estean nos XX.OO. de París trala confirmación hoxe da federación.
    30 min
  • Diario cultural 03-07-2024
    Exploramos opcións culturais para a rapazada durante o verán: campamentos musicais, obradoiros artísticos, circo...
    Estíbaliz Espinosa fálanos da misión chinesa á cara oculta da Lúa. Tamén nos recita versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
    31 min
  • Diario cultural 03-07-2024
    Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi.
    Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada.
    E co noso experto musical, Carlos Crespo, escoitamos a grupos e proxectos que este ano anunciaron desspedida, coma Leilía
    31 min
  • Que información agachan os topónimos?
    O filólogo Vicente Feijoo falános hoxe da información histórica, lingüística e cultural que levan consigo os topónimos e da campaña 'Toponimízate', que
    busca concienciar a poboación da importancia desta riqueza patrimonial
    9 min
  • As baleas cantan no Festival Atlántica
    O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica espalla a súa duodécima edición por 30 cidades, vilas e aldeas de Galicia e Portugal.
    Por primeira vez, a programación para público adulto supera en número á infantil e familiar. Con nomes como Paula Carballeira ou Cándido Pazó.
    Escoitamos a directora do encontro, Soledad Felloza, e a dous dos máis de cincuenta narradores participantes, Anxo Moure e Carme Varela.
    20 min
  • Suplantacións
    A Fundación Pazos Cuchillo en Oza-Cesuras abre a exposición «Suplantación»Esta experiencia está comisariada por Nilo Casares. O colectivo Tronante, formado polo artista visual Juan Lesta e o arquitecto Xosé Suárez, desenvolve o proxecto Suplantación, a unión da obra de ámbolos creadores por xunto e por separado.
    31 min
  • A crónica deportiva 02-07-2024 _to_mp3
    Mikel Oyarzabal fala da confianza que hai na selección de cara ó partido de cuartos con Alemaña.
    O canterián do Celta Lautaro de León firma no Andorra.
    O CD Lugo ficha a Raúl Hernández, extremo madrileño de 30 anos que procede do Fuenlabrada.
    O Basquet Coruña presenta a campaña de abonados "Coliseum ano I".
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades