Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Deseño galego premiado
    A deseñadora Uqui Permui, alzouse co reputado Premio Europeo de Deseño, polas coloristas bolsas de sementes que creou para a empresa “Sementares”. Bolsas actractivas na aparencia externa e feitas con criterio sostible, xa que se fabrican a partir de fibras de tomate.
    A maiores, outros 3 estudios galegos recibiron galardóns por deseños de lámpadas de teito feitas con granito, libros bordados ou a web para unha coreógrafa na que aprezamos un singular ‘baile de letras’.
    31 min
  • A crónica deportiva 28-06-2024
    Falamos con Diego Diz, futbolista galego que xogou en Xeorxia, rival de España en oitavos.
    Ander Cantero está a pasar o recoñecemento médico co RC Deportivo.
    Miguel Loureiro, ex do Racing Club ferrol, CD Lugo e Pontevedra CF, homenaxeado hoxe polo Concello de Cerceda.
    30 min
  • Diario cultural 28-06-2024
    Achegámonos ao deseño galego, premiado en varios certames ao longo deste mes de xuño, na reportaxe de Ana Romaní.
    E celebramos o Orgullo con Afonso Becerra e "Blondi"
    31 min
  • Diario Cultural desde o Resurrection Fest 28-06-2024
    En directo desde o Resurrection Fest.
    Conversamos co director do Resurrection, Iván Méndez, da promotora Bring The Noise. Reunimos catro bandas galegas que actúan no festival: Sandford Music Factory, Perpetual, Balmog e Her Anxiety.  Escoitamos as impresións dos organizadores doutros festivais galegos de metal e coñecemos máis integrantes da parroquia roqueira que Viveiro reúne cada ano.
    2 hr 57 min
  • De Maricarme a Alice Cooper
    Tito Lesende comeza o repertorio deste xoves con Maricarme, o trío folk formado por Cibrán Seixo, Migui Carballido e Antía Amexeiras, que ademais participa con Sabela Caamaño na canción 'As vidas caladas' de Antía Muíño.
    31 min
  • Teatro sobre rodas
    'De Vilatriste a Vilalegre' é o título da nova obra da compañía Teatro Ó Cubo, da que falamos con Sofía Espiñeira e Roberto Casal. Unha coprodución co Centro Dramático Galego que percorre o país nun escenario móbil, o camión “A utópica rodante”. O domingo 30 de xuño estará na Mostra de Teatro Cómico festivo de Cangas.
    31 min
  • Principia en Cangas a Mostra de Teatro
    Inclusión e convivencia son os eixos da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, que se celebra dende hoxe ata o 7 de xullo.
    O programa inclúe a última produción de Chévere: Helen Keller, a muller marabilla e 7 estreas absolutas.
    Falamos coa pregoeira, a actriz Patricia Vázquez, e coa directora artística, María Armesto.
    31 min
  • A crónica deportiva 27-06-2024
    O mellor pádel do mundo está en Pontevedra. Falamos con Fabrice Pastor, organizador do cerame.
    O RC Celta xogará o venres 16 de agosto, día de San Roque, o 1º partido da Liga co Dep. Alavés. Ás 19:00h en Balaídos.
    Nacho Fdez explica a súa decisión de deixar o Real Madrid e marchar á liga saudita.
    30 min
  • Diario cultural 27-06-2024
    A compañía Teatro Ó Cubo preséntanos 'De Vilatriste a Vilalegre', unha coprodución co CDG que percorreo o país nun escenario móbil. O domingo 30 de xuño chega á Mostra de Cangas.
    Tito Lesende tráenos música do trío folk Maricarme, da cantautora Antía Muíño, do primeiro EP de TAÏN e de Alice Cooper, un clásico para a primeira xornada do Resurrection Fest
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades