Clásicos do Barroco interpretados con marimba, unha historia de enredos nunha corte europea, malabares, bailes e moito humor. Son os ingredientes de 'Molto Barroco',
o terceiro espectáculo de Píscore Teatro, unha compañía formada por catro músicos metidos a teatreiros. Estreada en 2023, a montaxe chegará no mes de xullo ao festival
internacional de Almagro e no outono xirará polo Cantábrico dentro da programación de Camiño Escena Norte.