Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 12-06-2024
    25 aniversario do Dicionario dos seres míticos galegos. Falamos con Xosé Miranda, un dos seus autores.
    Con Luís Miguel Crespo repasamos os concertos sinfónicos que quedan para o remate da tempada.
    31 min
  • Os desafíos de investigar obxectos de estudo vivos
    Co propósito de crear redes e propiciar espazos de comunicación a Universidade da Coruña acolle o III Encontro Investigador de proxectos en curso. “Estudar a poesía das dúas últimas décadas ofrece desafíos, estás traballando cun obxecto de estudo vivo”. Falamos co investigador e coordinador do encontro, Isaac Lourido.
    16 min
  • Fotografar o regreso á terra
    'Un lugar desprazado coma o meu corpo' é o título da mostra fotográfica de Sabela Eiriz que acolle a galería Néboa de Lugo e que pode visitarse ata o 29 de xuño.
    Conversamos con Alba López Porto, directora de Néboa, sobre esta exposición e sobre o proxecto da galería, inaugurada a finais de novembro de 2023.
    31 min
  • Un nipogalego na RAG
    Conversamos co filólogo Takekazu Asaka, embaixador da nosa lingua no Xapón durante décadas, e agora recoñecido pola RAG como académico de honra.
    Tradutor ao xaponés de Rosalía de Castro, Cabanillas, Novoneyra ou Martin Codax, Asaka ensinou galego no Xapón e publicou manuais de aprendizaxe da lingua desde o xaponés.
    Conversamos con este 'nipogalego' en Cambados, unha vila que coñece en profundidade.
    31 min
  • O escritor na súa terra: Euloxio Ruibal
    Euloxio Ruibal, escritor, académico e renovador da dramaturxia galega contemporánea, será o sábado en Compostela O escritor na súa terra.
    A homenaxe da AELG inclúe que semente en Galeras unha abeleira. Con el falamos.
    31 min
  • A crónica deportiva 11-06-2024
    Valoramos con Uxío da Pena a chegada de Lolo Escobar ao CD Lugo. O dianteiro lucense xogou ás súas ordes no Salamanca Cf UDS.
    Na selección española, Pedri agradece a Luís de la Fuente o seu apoio cando estaba mancado.
    Día de fichaxes no Celta Baloncesto e no Uni Ferrol.
    30 min
  • Diario cultural 11-06-2024
    Os proxectos en curso e as novas perspectivas centran o programa do III Encontro Investigador que organiza o Grupo Illa da UDC. A exposición “Outras historias posibles” revisa a década dos 80.
    16 min
  • Diario cultural 11-06-2024
    Conversamos co xaponés Takekaku Asaka, novo académico de honra da RAG
    Visitamos a galería Néboa, en Lugo, que expón unha mostra fotográfica de Sabela Eiriz
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades