Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • O FunFunFun medra na súa sexta edición
    Debullamos o programa da sexta edición do FunFunFun, o Movidote de autoedición e banda deseñada independente, que este ano acolle o Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago.
    Feira de fanzines, obradoiros, perfomance, música e xornadas académicas polas que nos guían Manuel Barreiro e Maru Astray.
    11 min
  • As estreas da semana
    Moncho Lemos tráenos dúas de acción/comedia para ver comendo flocos de millo: ´Asesino por casualidad`e ´Dos policías rebeldes 4`.
    31 min
  • Encontro de poetas
    Viaxamos con Vituco Neira ata a Casa da Matanza para falar con Chus Pato, Bernardo Atxaga e Andrea Núñez da nova edición de ´Rosalía en camiño`. Este encontro de poetas desenvólvese dende hoxe ata o sábado.
    31 min
  • A crónica deportiva 06-06-2024
    Presentado Gonzalo Rodríguez Palmeiro coma 1º adestrador do Obradoiro. Conta con Víctor Pérez no seu corpo técnico.
    Carlos Mouriz fai balance da temporada do Racing Club Ferrol e recoñece que lle fixeron ofertas para traballar noutros clubs.
    30 min
  • SELIC´24. Para todos os públicos
    Máis de 60 actividades na oitava edición do Festival da Lectura que comeza en Compostela. “Ten a intención de converterse nunha referencia para Galicia, o norte de Portugal e o resto da península”. Falamos con Camilo Franco, director da SELIC´24
    16 min
  • Diario Cultural 06-06-2024
    O Movidote de autoedición e banda deseñada independente FunFunFun medra na súa sexta edición, que culmina o sábado 8 de xuño en Santiago.
    Tito Lesende tráenos múSica de Marián, Boyanka Kostova, Vértebras e Eilen Jewell.
    29 min
  • Diario cultural 06-06-2024
    A SELIC abre oitava edición. O Festival da Lectura amplía programa na diversidade de formatos, “unha demostración de que hai moitas maneiras de abordar a lectura”. E no CGAC preséntase o catálogo 'Narelle Jubelin. Nalgures'.
    16 min
  • Diario cultural 06-06-2024
    Viaxamos con Vituco Neira ata a Casa da Matanza para falar con Chus Pato, Bernardo Atxaga e Andrea Núñez da nova edición de ´Rosalía en camiño`. Dende hoxe ata o sábado.
    Moncho Lemos tráenos dúas de acción/comedia para ver comendo flocos de millo: ´Asesino por casualidad`e ´Dos policías rebeldes 4`.
    31 min
  • “Agony in the garden” de Lúa Ribeira en PHotoespaña
    A fotógrafa indaga na escena do drill e trap na mostra que presenta no festival. “Trátase de intentar entender estas linguaxes, prestar atención a esta expresión”. Lúa Ribeira reflexiona sobre a relación destas linguaxes co presente distópico, de crises financieiras,
    migratorias e mediomabientais. A fotógrafa da axencia Magnum participa tamén no proxecto Llibrets de Festes. Falamos con Lúa Ribeira
    16 min
  • 'Saudade sempre'
    Mentres escoitamos 'Saudade sempre', o seu novo disco, falamos con Cibrán Tenreiro de música, o acceso á cultura, cartos, expectativas vitais e desexos tramposos
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades