Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Videoxogos a prol da natureza
    A nosa experta en videoxogos tráenos hoxe tres propostas que comparten un mesmo obxectivo: concienciar sobre a defensa do medio natural. Trátase de *Endling, extinction is forever.
    *Plasticity.
    *Alba, una aventura mediterránea
    31 min
  • A crónica deportiva 05-06-2024
    O RC Celta espera a resolución do play off do Fortuna de cara a tomar decisións para o futuro dos xogadores.
    Míchel Alonso presentado como adestador do SC Arosa
    Analizamos con Roberto Anidos a decisión do CAB Obradoiro de darlle a Gonzalo Rodríguez Palmeiro a dirección do equipo.
    30 min
  • Diario cultural 05-06-2024
    A fotógrafa da axencia Magnum presenta no Festival internacional de fotografía “Agony in the garden”, unha mostra do seu traballo sobre a escena musical do trap e drill.
    16 min
  • Corpos no mar
    Falamos co escritor malpicán e doutor en Psicopedagoxía, Héctor Pose, de “Corpos no mar”, a súa última novela. Segundo el mesmo explica, o libro baséase nos dicires, atmosferas e relatos das xentes tinguidas de salitre na Costa da Morte.
    31 min
  • Diario cultural 05-06-2024
    Escoitamos 'Saudade sempre', un disco caseiro e de balde, mentres conversamos co seu autor, Cibrán Tenreiro 
    O batería de jazz Hilario Rodeiro preséntanos o avance do seu próximo disco e a súa xira por Galicia
    31 min
  • Diario cultural 05-06-2024
    Falamos con Héctor Pose da súa última novela"Corpos no mar".
    E con Luz Castro coñecemos tres videoxogos que comparten o obxectivo de defender o medio natural
    31 min
  • Caleidoscopio: Comeza XMC´24.
    Sete concertos e un espectáculo de danza con música e directo na nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que se desenvolven en tres espazos da cidade de Santiago. “A xente ten menos prexuízos. As persoas veñen para coñecer algo diferente” Falamos con Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia.
    16 min
  • Silencios da arte galega
    A exposición 'Outras miradas posibles' reúne obras de seis artistas nadas na década dos 50. Mónica Maneiro comenta esta mostra, comisariada por Susana Cendán, 
    que recupera os nomes de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
    31 min
  • Escolas e museos como ferramentas de transformación social
    Baixo o título 'Museos situados: xestión, educación e territorio', a 22ª edición das Xornadas Pedagóxcias da RMPL reúne escolas e museos 
    que impulsan accións comunitarias na súa contorna, desde centros escolares rurais ao Museo do Prado ou o Museu Nacional d'Art de Catalunya.
    15 min
  • A viaxe de meu pai
    Dolores Vilavedra tráenos hoxe A viaxe de meu pai, un libro que recolle notas e cartas escritos dende a fronte de guerra entre abril do 37 e xullo do 39. O curioso deste volume é que o publica Fernando Pereira cos escritos reais do seu proxenitor
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades