Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 08-05-2024
    No Basquet Coruña, Diego Epifanio recoñece que o ascenso nunca estivo tan preto, pero que toca xestionar o ruído.
    -O seleccionador nacional de baloncesto feminino, o vigués Miguel Méndez, renovado ata o 2028.
    Nico Serrano, xogador destacado do Racing Club Ferrol no mes de abril.
    Manuel Pablo aconsella aos xogadores do 1º equipo do RC Deportivo nesta semana de posible ascenso.
    No Obradoiro, Moncho Fdez di que ve ben aos xogadores antes de ir a Palencia.
    30 min
  • Diario cultural 08-05-2024
    Visitamos a exposición "Héctor Francesch. Colecciçon de favoritas" na Fundación Abanca en Vigo. O universo deste artista abarca dende o debuxo á pintura, pasando polas instalacións. Converte en arte obxectos que todos temos a mán, apostando por unha pintura colorista que nos remite ao pop art e ao cómic.
    Con Luz Castro coñecemos máis da Xornada Power Up arredor de Videoxogos Aplicados e Persuasivos, que organiza o Campus Industrial de Ferrol en colaboración coa coordinación do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos e co Concello de Ferrol.
    31 min
  • Profesionais que premian a profesionais
    O Auditorio de Milladoiro acolle os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas que entrega a Asociación Galega de Artes Escénicas. Con eles recoñécese a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellado ás artes escénicas de Galicia. Entre os premiados están Títeres Cachirulo, a Revista Erregueté, Madó Santos, Ana Díaz Calvo, A Casa Vella de Amiadoso e Fátima Rodríguez.
    14 min
  • A crónica deportiva 07-05-2024
    Falamos con Pablo Serodio, presidente da UD Mos, xermolo do Celta Feminino.
    No RC Deportivo, Ximo Navarro segue á marxe. Óscar Gilsanz valora a temporada do Fabril.
    Marek Blazevic, MVP do Obradoiro. no At Guardés,. Ana Seabra volve coller o equipo tralo cesamento de Cristina Cabeza.
    30 min
  • Diario cultural 07-05-2024
    O Auditorio de Milladoiro acolle os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas que entrega a Asociación Galega de Artes Escénicas. Con eles recoñécese a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellado ás artes escénicas de Galicia. Entre os premiados están Títeres Cachirulo, a Revista Erregueté, Madó Santos, Ana Díaz Calvo, A Casa Vella de Amiadoso e Fátima Rodríguez.
    Con Dolores Vilavedra afondamos nunha lectura de Manuel Veiga Taboada: 'A literatura galega contada aos escépticos'. Fai un percorrido que abarca dende Vicente Risco á literatura última.
    31 min
  • Quen pode rir? De que? De quen?
    “O humor é un mecanismo para infiltrarse nunha sociedade cercada polo machismo”. A Universidade de Santiago acolle o I Congreso Internacional Feminismos e Humor. Falamos con Saleta de Salvador Agra e Yolanda Martínez Suárez.
    16 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades