Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Peteiro e a cor na súa máxima expresión
    Viaxamos á Coruña, concretamente ao Kiosco Alfonso. Alí pódese visitar ata o 21 de xullo a exposición "Peteiro", unha ampla mostra da obra do pintor coruñés Jorge Peteiro que agrupa 94 pezas que permiten obter unha ampla panorámica do artista. Pedro Vasco é un dos comisarios da exposición.
    13 min
  • A crónica deportiva 06-05-2024
    O Deportivo Aragón( filial do Zaragoza) rival do Pontevedra CF nos Play Offs. A ida, o domingo 12 ás 12:00h na Romareda.
    Repasamos os datos máis destacados do RC Celta, coa salvación a tiro de pedra.
    Voces da derrota do Racing Club Ferrol en Tenerife e úlima hora do RC Deportivo.
    30 min
  • Diario cultural 06-05-2024
    Viaxamos á Coruña, concretamente ao Kiosko Alfonso. Alí pódese visitar ata o 21 de xullo a exposición "Peteiro", unha ampla mostra da obra do pintor coruñés Jorge Peteiro que agrupa 94 pezas que permiten obter unha ampla panorámica do artista. Pedro Vasco é un dos comisarios da exposición.
    Ademais, seguiremos ao cineasta pontevedrés Ángel Santos na rodaxe da súa terceira película, "Así chegou a noite".
    31 min
  • A rodaxe de "Así chegou a noite" , o éxito de "+Cuñados" e a estrea de "O Auto das Ánimas"
    O cineasta de Marín, Ángel Santos, inicia con maio a rodaxe da súa nova película "Así chegou a noite". Cun presuposto de 600.000 euros, a idea é rodar durante 6 semanas nos concellos do Grove e Sanxenxo, aloxándose das zonas máis turísticas. Contará a historia dun ceramista que escapa do seu pasado, interpretado por Denís Gómez.
    Con Federico Pérez analizamos o éxito da comedia "+Cuñados", secuela con éxito en cines. Xa levan tres semanas en carteleira e a distribuidora segue disposta mantela nunha vintena de salas unha semana máis.
    Pablo Lago Dantas estrea o documental "O Auto das Ánimas", reflexión sobre a vida e a morte nun reencontro familiar 20 anos despois de que o cineasta marchase da casa para traballar como director de fotografía en Barcelona e Los Ángeles.
    57 min
  • X Festival Escenas do Cambio
    Afonso Becerra vén falarnos da décima edición do Escenas do Cambio, un festival de teatro, danza e arte en acción que se celebra durante toda a fin de semana na Cidade da Cultura.
    15 min
  • Música e patrimonio no Pórtico do Paraíso
    O Festival Pórtico do Paraíso naceu hai xa 17 anos para encher un baleiro na vida musical de Ourense. Nesta nova edición contan con grandes artistas do panorama nacional e internacional da música clásica cun novo escenario: o castelo de Castro Caldelas. Juan Enrique Miguéns é o presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro.
    13 min
  • A crónica deportiva 03-05-2024
    O adestrador do VilLarreal, Marcelino García Toral, dí que o RC Celta sufrIu moitas penalizacións esta temporada
    No Racing Club Ferrol, Óscar Pinchi alta, Delmás e Sabin Merino baixas.
    No Deportivo, París Adot seguirá no lateral dereito pola baixa de Ximo Navarro.
    E chega a última xornada da 2ª RFEF. Antón Permuy e Dani Gesto, renovados na SD Compostela.
    30 min
  • Diario cultural 03-05-2024
    O XX Festival Internacional de Cinema de Tui recupera a memoria do cinema galego na sección Sombras, que se abre co traballo de Tony Román.
    Falamos con Pepe Coira.
    16 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades