Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 22-02-2024
    Última hora da proba ciclista O Gran Camiño, que disputa a 1ª tirada na Coruña, a pesar do mal tempo, sen tempos para a xeral.
    No Celta, 1ª rolda de prensa pública do estadounidense Luca de la Torre.
    Escoitamos a Ximo Navarro no Deportivo e a Gorka Pérez no CD Lugo.
    30 min
  • Diario cultural 22-02-2024
    A compañía Fran Sieira estrea 'CEIBE' no Auditorio de Cangas. É unha peza que racha cos estereotipos sexistas e propón novas formas de entender a identidade de xénero desde o baile tradicional. Na sección de voces expertas, bailamos con Tito Lesende.
    30 min
  • Diario cultural 22-02-2024
    A compañía Sarabela Teatro estrea 'O dragón de ouro' que presenta nos escenarios galegos ao dramaturgo alemán vivo máis representado. "Roland Schimmelpfennig crea niveis de narratividade moi novos. Reinventa a posta en abismo", asegura a directora Ánxeles Cuña nunha entrevista neste podcast do Diario cultural.
    15 min
  • Chévere sobe á escena a lingua de signos
    A compañía Chévere estrea a montaxe 'Helen Keller, a muller marabilla?', unha obra que parte da figura da primeira persoa xordocega en titularse na Universidade, a estadounidense Helen Keller. O modelo de superación no que foi convertida agachou a súa faceta de activista en favor de causas como o pacifismo, o sufraxismo ou o comunismo. A compañía Chévere volve cuestionar os relatos oficiais neste espectáculo, que combina en pé de igualdade o galego e a lingua de signos e ironiza sobre as ferramentas do teatro documento.
    23 min
  • Territorios da Entropía
    O noso expero en música clásica achéganos unha proposta da RFG para mañá en Santiago e o venres en Vigo.
    Coa dirección de Sebastian Zinca e Judith Jáuregui ao piano han interpretar Entropía, de Inés Badalo. Noches en los jardines de España (orq. Bética) de Manuel de Falla e Sinfonía en Re, de Juan Crisóstomo de Arriaga.
    11 min
  • Finalistas dos María Casares
    Falamos con Tito Asorey, director de ´Unha inimiga do pobo`, de Talía Teatro; Álex Sampaio, director de ´Hamelin`, de Redrum Teatro e Víctor Mosqueira, protagonista de ´O Auto do Castromil`, de Producións Teatrais ExcéntricAS en coprodución co CDG.
    As tres montaxes son as favoritas para os premios María Casares, que se coñecerán no decurso da gala do vindeiro 21 de marzo.
    17 min
  • A crónica deportiva 21-02-2024
    Carlos Domínguez baixa no Celta para xogar en Cádiz por unha elongación muscular.
    O centrocampista do Racing Club Ferrol, Chuca, preparado para volver xogar en Elda.
    Lucas Pérez dí que xa se pode retirar, entre brincadeiras, coa calidade dos novos no Depor.
    30 min
  • Diario cultural 21-02-2024
    Falamos con tres finalistas para a 28 edición dos premios de teatro María Casares, a celebrar o vindeiro 21 de marzo. Son Tito Asorey (Talía Teatro), Álex Sampaio (Redrum Teatro) e Víctor Mosqueira (Producións Teatrais Excéntricas).
    O noso expero en música clásica, Luis Miguel Crespo, achéganos a ´Territorios de la Entropía` da Real Filharmonía de Galicia.
    30 min
  • Diario cultural 21-02-2024
    A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea 'Monstros'. É unha peza de teatro familiar sobre un texto de Lucía Aldao e María Lado. Neste Diario cultural conversamos con Marcos Orsi, director da montaxe.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades