Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras
    Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras. Conversamos con tres dos gañadores desta sétima edición do certame que recoñece o contido en galego en redes: OU Ké!, premio Canle, xornalismo político para redes desde Ourense; O Faiado Podcast, premio Revelación, cultura pop e vida cotiá; e Recuncho Gamer, premio Youtubeira, videoxogos e moito máis.
    22 min
  • Encontro Arqueolóxico do Barbanza
    Mario César Vila avánzanos a nova edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que se desenvolve en Boiro os días 24 e 25 de febreiro. Un foro de divulgación arqueolóxica que acollerá expertos do ámbito galego, estatal e internacional.
    7 min
  • De lembranzas e estreas
    Emilio Españadero tráenos a Fuxan os ventos co gallo do pasamento estes días do padre Mato e mailo cabodano de Moncho Díaz. Tamén a Carapaus coa Alborada pra Rosalía, no mes de nacemento da nosa autora máis senlleira.
    E dúas citas a marcar no calendario deste mes: concerto de Xosé Manuel Budiño na Coruña e disco novo de Isidro Vidal.
    12 min
  • A crónica deportiva 19-02-2024
    Repasamos as clasificacións do Celta, o Racing de Ferrol e o Deportivo.
    Raúl Alcaina, dianteiro do Depor, leva dous goles e dous partidos e xa sabe o que é marcar en Riazor. "É brutal".
    O Pontevedra CF, líder en solitario da 2 RFEF, pensa xa no Zamora, o vindiro domingo en Pasarón. Iago Iglesias, adestrador, "enfrontamento directo de moita importancia".
    30 min
  • Diario cultural 19-02-2024
    Coñecemos o libro As peregrinacións a Compostela. Mito, historia e falsidades, de Xosé Miguel Andrade.
    Escoitamos a Fuxan os Ventos, Carapaus, Budiño e Isidro Vidal.
    30 min
  • Diario cultural 19-02-2024
    "Ninguén fala de Luísa Villalta como teórica da literatura. Ela moveu os marcos”. O escritor e músico Xurxo Souto reivindica o método Luísa Villalta e reúne no volume 'Somos un pobo de artistas', un conxunto de ensaios e artigos que subliñan a unidade entre a música e a poesía.
    15 min
  • Diario cultural 19-02-2024
    Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras: OU Ké!, O Faiado Podcast e Recuncho Gamer, entre os premiados na 7ª edición do certame.
    Na sección de voces expertas, Mario César Vila debulla a 17ª edición do foro de divulgación 'Encontro Arqueolóxico do Barbanza'.
    30 min
  • Juan Galiñanes, Lucía Estévez e Luis Iglesia
    Iniciamos unha rolda de conversas con creadores e creadoras finalistas nos premios do audiovisual galego do 23 de marzo.
    Galiñanes por ‘Fatum’ e Lucía Estévez por “O neno sardiña’ e ‘Os Argonautas’.
    Con Luis Iglesia analizamos o papel dos actores e actrices de dobraxe, a raíz das palabras de S. Weawer nos Goya.
    57 min
  • 'Meigas', o disco galego de Pamela Rodríguez
    Do Perú á Coruña. Pamela Rodríguez preséntanos 'Meigas', o seu primeiro disco galego. O traballo inclúe versos de Rosalía e colaboracións de Guadi Galego e Iván Ferreiro. O disco ten bases electrónicas e letras que reivindican a liberdade, o erotismo e a madurez. Pamela Rodríguez presenta o disco no Riquela Club de Santiago o vindeiro venres 23 de febreiro.
    20 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades