Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 01-02-2024
    Atentos aos posibles movementos no último día de fichaxes no fútbol, onde xa é oficial que Sabit Abdulai deixa o CD Lugo. Ademais, Fernando Soriano fixo valoración do mercado no Deportivo e, no baloncesto, previas dos partidos do Breogán, o Celta e o Basquet Coruña.
    27 min
  • Diario cultural 01-02-2024
    A artista Soledad Penalta expón en Lalín, no museo Ramón María Aller, varias das súas pezas escultóricas baixo o título ´Formas e grafismos´.
    Moncho Lemos comenta o drama épico ´A terra prometida`, unha película dinamarquesa ambientada no século XVIII. A segunda longametraxe é unha comedia española callada de caras coñecidas. ´A raíña do convento ` é o debut coma protagonista de Mario Vaquerizo.
    29 min
  • Diario cultural 01-02-2024
    O ciclo 'Clásicas desfeitas' permite recuperar clásicos da literatura galega e universal a través doutras disciplinas artísticas. A proposta 'Hamlet, o de Cunqueiro' mestura as disciplinas do teatro e os videoxogos. Cada representación ofrecerá unha resposta distinta a tres cuestións sobre o amor, a morte e as relacións familiares. O público participa de forma directa na obra, polo que o desenlace da historia dependerá dos espectadores convertidos en xogadores.
    Neste Diario Cultural viaxamos ata os lugares agochados e segredos da Cidade da Cultura e entrevistamos a Beatriz Legerén, do grupo de innovación docente ComTecArt da Universidade de Vigo; e a Karol Nurza, da Compañía Teatral Boccaccione de Brasil.
    15 min
  • Diario cultural 01-02-2024
    A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do artista, que se atopan en coleccións particulares tentando amosar a intensa personalidade deste artista nun percorrido pola arte a través da amizade.
    Na sección de voces expertas, Tito Lesende propón unha combinación de ritmo e melodía. Escoitamos a Brais Morán & Nasaufunk, seguimos coa colaboración do vasco Zetak con Fillas de Cassandra, e rematamos co chileno Benjamín Walker e o 50º aniversario do 'Band on the run' de Paul McCartney & Wings.
    30 min
  • 'Rematou o simulacro', de Loita Amada
    Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.
    22 min
  • A crónica deportiva 31-01-2024
    O Celta perde o sueco Williot Swedberg tres semanas por unha lesión muscular. No Racing escoitamos un motivado Josep Señé antes de recibir o Éibar. Na 1ª RFEF, dúas presentacións: Alcaina no Deportivo e Mario da Costa no CD Lugo. E no atletismo, a Federación Española expón os plans para os Campionatos de España en pista cuberta que se celebrarán en febreiro en Ourense.
    30 min
  • Diario cultural 31-01-2024
    Begoña Vázquez fala con Iria Aldegunde, autora da versión en banda deseñada do clásico de Neira Vilas ´Memorias dun neno labrego´e coa experta en videoxogos Luz Castro sobre a final dos premios DeVuego
    28 min
  • Diario cultural 31-01-2024
    A relación coa natureza, a función da ciencia e a viralización dos discursos de odio son algúns dos asuntos de "Os afogados", a novela coa que o escritor Pablo Rañales gaña o Premio Illa Nova de Narrativa.
    Neste Diario Cultural tamén escoitamos 'Mythos', o novo traballo do compositor e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro.
    15 min
  • Diario cultural 31-01-2024
    Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.
    Neste Diario Cultural coñecemos o novo do grupo arousán Maraxe. Tamén escoitamos a nova canción de MJ Pérez. A cantautora comeza a xira de celebración dos seus 10 anos na música este xoves 1 de febreiro na Gentalha do Pichén en Compostela.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades