Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Afonso Becerra tráenos un Souvenir
    Afonso Becerra preséntanos unha compañía de teatro de recente creación: Souvenir. Coa súa primeira peza ´Non é unha canción´, veñen de gañar a quinta edición do Festival Pezas dun teatro do Porvir.
    11 min
  • A crónica deportiva 02-02-2024
    O mercado de inverno no fútbol pechou coa sorpresa do regreso a Galicia do ex deportivista Pinchi, que asina polo Racing de Ferrol. Do mercado fala tamén Idiakez, que considera que as dúas fichaxes do Deportivo lle dan solucións ofensivas. E no fútbol sala escoitamos o adestrador do Burela, Julio Delgado, animado antes de viaxar a disputar a Supercopa.
    30 min
  • Diario cultural 02-02-2024
    Begoña Vázquez fala con Antón Castro, un dos impulsores de ´Na casa deles´, unha iniciativa do grupo lugués Son de Corda que mestura voces e piano con textos de poetas lucenses coma Uxío Novoneyra ou Manuel María.
    A voz experta desta edición é Afonso Becerra, que nos presenta a nova compañía galega de teatro Souvenir e a súa obra ´Non é unha canción´, premiada no V Festival Pezas dun teatro do Porvir.
    28 min
  • Diario cultural 02-02-2024
    "Sempre teño que encontrar un elemento de vontade de innovación na forma cinematográfica". Lois Patiño presenta na Fundación Luís Seoane a exposición 'Marea'. Con esta nova mostra explora a amplitude do visual e do narrativo, entre a observación e a palabra.
    15 min
  • Diario cultural 02-02-2024
    Os galegos Aida Saco e Marcos de la Fuente presentan en Nova York o proxecto 'As cordas invisíbeis'. Os dous artistas galegos atópanse en Nova York e unen forza creativa neste proxecto que mestura piano e voz, inspirados polo 'Duende' de Lorca que aínda -din- segue na cidade dos rañaceos.
    Na sección de voces expertas, Eva Mejuto presenta os mellores libros de literatura infantil e xuvenil a nivel internacional dos Premios da Fundación Catro Gatos.
    30 min
  • 'Hamlet, o de Cunqueiro', na Cidade da Cultura
    O ciclo 'Clásicas desfeitas' permite recuperar clásicos da literatura galega e universal a través doutras disciplinas artísticas. A proposta 'Hamlet, o de Cunqueiro' mestura as disciplinas do teatro e os videoxogos. Cada representación ofrecerá unha resposta distinta a tres cuestións sobre o amor, a morte e as relacións familiares. O público participa de forma directa na obra, polo que o desenlace da historia dependerá dos espectadores convertidos en xogadores.
    Neste Diario Cultural viaxamos ata os lugares agochados e segredos da Cidade da Cultura e entrevistamos a Beatriz Legerén, do grupo de innovación docente ComTecArt da Universidade de Vigo; e a Karol Nurza, da Compañía Teatral Boccaccione de Brasil.
    12 min
  • 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás'
    A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do artista, que se atopan en coleccións particulares tentando amosar a intensa personalidade deste artista nun percorrido pola arte a través da amizade. Non se trata dunha exposición antolóxica senón dun roteiro emocional por pezas de persoas que compartiron amizade, traballo, experiencias ou proxectos co artista.
    10 min
  • A nova xira de Brais Morán & Nasaufunk
    Na sección de voces expertas, Tito Lesende propón unha combinación de ritmo e melodía. Abrimos con Brais Morán & Nasaufunk, que comezan xira de concertos do novo disco, e seguimos coa colaboración do vasco Zetak con Fillas de Cassandra, que axiña comezan unha nova temporada de concertos. Despois, na parte melódica, o novo álbum do chileno Benjamín Walker e o 50º aniversario do "Band on the run" de Paul McCartney & Wings.
    19 min
  • 'A terra prometida' e 'A raíña do convento'
    Moncho Lemos comenta o drama épico 'A terra prometida', unha película dinamarquesa ambientada no século XVIII. A segunda longametraxe é unha comedia española callada de caras coñecidas. 'A raíña do convento' é o debut coma protagonista de Mario Vaquerizo.
    13 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades