Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 06-02-2024
    Afondamos na figura de Miguel Ángel González, o 'Gato', tralo pasamento do mítico porteiro ourensán, coa axuda de Javier Maté, co que chegou a coincidir no Real Madrid. No fútbol galego a noticia é o regreso do venezolano Christian Santos, o ex do Deportivo, que asina polo Arenteiro para sustituir a Miku.
    30 min
  • Diario cultural 06-02-2024
    Neste Diario Cultural descubrimos o traballo de Mercedes Vázquez Saavedra, a fotógrafa que leva varias décadas documentando as diferentes manifestacións do Entroido. Algunhas das súas imaxes de máscaras poden verse ata o 14 de febreiro no Museo Torres de Marín, na mostra 'Viaxe polo mundo da máscara'.
    Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro comenta dúas mostras protagonizadas por cineastas que acolle a Fundación Luis Seoane da Coruña. A mostra 'Canción de Pedro Costa', producida por La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, está comisariada por Javier Codesal e pode visitarse ata o 17 de marzo. A mostra 'Lois Patiño. Marea' está aberta ata o 4 de abril.
    30 min
  • Diario cultural 06-02-2024
    Begoña Vázquez fala con José Luís Baños, autor de 'Encerrado'. Esta é unha das pezas gañadoras de Escoitamos Teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega. Escoitámos a obra, que transcorre no ascensor dun tanatorio.
    A segunda proposta do programa conta coa voz experta de Dolores Vilavedra, que nos achega á tradución ao galego de Canas ao vento, de María Alonso. A autora da novela, a sarda Grazia Deleddda, gañou o Nobel de literatura en 1926.
    29 min
  • 'Fremosas', un proxecto de Barahúnda para divulgar as cantigas medievais
    'Fremosas' é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa.
    Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a este corpus literario un proxecto completo, co que aspiran a estender o coñecemento e desfrute destas cancións con voz de muller.
    21 min
  • Poemas medievais e salgaduras romanas
    Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC. Tamén nos dá conta do achado de restos dunha salgadura romana no castro Alobre, en Vilagarcía.
    9 min
  • Última chamada
    Santiago Cortegoso , coordinador de Escoitamos Teatro, tráenos Última chamada, de Francisco Manuel Peleteiro. Trátase da primeira das tres obras gañadoras na terceira edición do certame que organiza a SGAE en colaboración coa Radio Galega.
    19 min
  • A crónica deportiva 05-02-2024
    Repasamos os principais acontecementos deportivos da fin de semana e conmovémonos co ourensán Fernando Pumar, que explica que seguirá no Racing pero só adestrando, por mor da súa lesión. Ademais, escoitamos o presidente de Abanca, que celebra os últimos bos resultados do Deportivo.
    30 min
  • Diario cultural 05-02-2024
    Neste Diario Cultural descubrimos 'Fremosas', un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa.
    Na sección de voces expertas, Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades