Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Literatura sueca en galego
    Dous clásicos da novela sueca do século XX: 'O doutor Glas', de Hjalmar Söderberg, que falaba de aborto, eutanasia ou violación dentro do matrimonio a comezos do século XX, e 'O emperador de Portugalia', de Selma Lagerlöf, unha fábula tenra e crúa sobre o amor dun pai á súa filla.
    O ensaio gráfico 'Na sala dos espellos' é unha das bandas deseñadas de Liv Strömquist, unha autora que mestura socioloxía, filosofía, humor e cultura pop para falar de feminismo, narcisismo e a ditadura da beleza nos tempos de Instagram.
    O álbum ilustrado infantil 'A última fronteira' é unha obra de Cecilia Heikkilä no que un osiño e o seu avó comparten unha aventura que celebra a natureza e as paisaxes salvaxes.
    20 min
  • Diario cultural 07-02-2024

    30 min
  • Diario cultural 07-02-2024
    Escoitamos 'Interior dun coche fúnebre', terceira das obras de ficción sonora premiadas pola Fundación SGAE e a Radio Galega na súa terceira edición. Coñecemos a Eva María Gontad, que é a súa autora.
    Luís Miguel Crespo, o noso experto en música clásica, recomenda o disco String Quartets from Galicia, do que escoitamos varios fragmentos.
    30 min
  • Diario cultural 07-02-2024
    Rapa, O corno e Matria son os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual fai públicos os finalistas da vixésimosegunda edición dos galardóns que se entregarán na Coruña o 23 de marzo.
    15 min
  • Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa do Entroido
    Neste Diario Cultural conversamos con Mercedes Vázquez Saavedra, a fotógrafa sarriá que leva varias décadas documentando as diferentes manifestacións do Entroido. Algunhas das súas imaxes de máscaras poden verse ata o 14 de febreiro no Museo Torres de Marín, na mostra 'Viaxe polo mundo da máscara'. O seu traballo etnográfico sobre o Entroido, a vida rural e as mulleres da raia valéronlle recoñecementos como o título de Mestra da Memoria que lle concedeu AELG hai uns meses.
    17 min
  • Cine e arte. Lois Patiño e Pedro Costa na Luis Seoane
    Mónica Maneiro comenta dúas mostras protagonizadas por cineastas que acolle a Fundación Luis Seoane da Coruña. Unha delas é a mostra 'Canción de Pedro Costa', producida por La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, que está comisariada por Javier Codesal e pode visitarse ata o 17 de marzo. A segunda recomendación é a mostra 'Lois Patiño. Marea', que está aberta ata o 4 de abril.
    11 min
  • 'Baldomero' o primeiro tema das pandereteiras Do Rivés
    Do Rivés, o novo grupo de pandereteiras da Costa da Morte que despega co lanzamento do seu primeiro tema. Despois de varios concursos, foliadas e actuacións, crean 'Baldomero', un tema que recolle as coplas que cantaba o avó dunha das integrantes, cuxo nome é o do propio tema. De feito, na canción pódese escoitar a súa voz.
    17 min
  • Canas ao vento
    Dolores Vilavedra preséntanos a obra máis famosa da escritora sarda Grazia Deleddda, Nobel de literatura en 1926. Agora sae publicada en galego coa tradución de María Alonso.
    10 min
  • Seguimos escoitando teatro: 'Encerrado'
    Peza premiada na terceira edición de Escoitamos Teatro. Transcorre no ascensor dun tanatorio, onde está o velorio dunha universitaria asainada. Previamente Begoña Vázquez preséntanos ao seu autor, José Luís Baños., que debuta na ficción sonora.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades