Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Ferrari' e 'A cor púrpura'
    'Ferrari', de Michael Mann, achéganos a un ano crucial na vida de Enzo Ferrari na década dos cincuenta do século XX. Está protagonizada por Adam Driver e Penélope Cruz..
    'A cor púrpura', de Sam Blitz, é a adaptación da novela do mesmo título (xa levada ao cine) en clave de musical.
    9 min
  • 'Rapa', 'O corno' e 'Matria', as favoritas dos Mestre Mateo
    Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo, feliz coas 18 candidaturas aos Mestre Mateo: 16 pola segunda temporada da serie Rapa e 2 por Os argonautas.
    A directora de O corno, Jaione Camborda fala das 14 nominacións aos Mestre Mateo e da cita cos Goya este sábado.
    Álvaro Gago, director de Matria. A película suma 12 candidaturas para o certame anual do audiovisual galego, a celebrar o 23 de marzo, e dúas nos Goya.
    17 min
  • A crónica deportiva 08-02-2024
    Escoitamos a primeira comparecencia de Óscar Pinchi, o ex do Deportivo, no seu regreso a Galicia agora como futbolista do Racing, na que revelou que o club ten unha opción de compra obrigatoria por el se ascende a Primeira División. Na 1º RFEF, Idiakez fala antes de viaxar a Logroño. E no baloncesto, palabras do vigués Miguel Méndez no día no que a selección feminina inicia o torneo preolímpico de Hungría.
    25 min
  • Diario cultural 08-02-2024
    A serie Rapa, de Portocabo, opta a 16 premios Mestre Mateo e Begoña Vázquez fala co director da produtora, Alfonso Blanco. A película O Corno suma 14 nominacións e falamos coa súa directora, Jaione Camborda. Tamén con Álvaro Gago, director de Matria, que é finalista en 12 categorías.
    E o noso experto en cine, Moncho Lemos, cóntanos de que ven dúas estreas para esta semana; Ferrari e A cor púrpura
    27 min
  • Diario cultural 08-02-2024
    Neste Diario Cultural entrevistamos a Xacio Baño, que presenta o seu último traballo 'Non te vexo'. A peza proxéctase na sección Lab do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand. "O labor do cineasta radica en poder contar unha folla voando e que lle interese ao espectador", reflexiona o autor nas ondas da Radio Galega.
    Tamén entrevistamos a Carmen Méndez, que debuta como directora con 'Pura'. A peza exhíbese no Market Screening New Spanish Shorts do Festival Int de Curtametraxes de Clermont-Ferrand. "Esta curta foi un proceso persoal moi catártico", asegura a autora nunha entrevista con Ana Romaní.
    16 min
  • Diario cultural 08-02-2024
    A galería Trinta de Santiago acolle a mostra 'Bosque animado (con Ángeles)', unha homenaxe do fotógrafo Vari Caramés á que foi a súa compañeira. Na sección de voces expertas, Tito Lesende recomenda as últimas cancións de Baiuca, Hydn e Eris Mackenzie, The Rapants e Travis Birds.
    30 min
  • String Quartets from Galicia
    O noso experto en música clásica fálanos de String Quartets from Galicia, gravado e editado por Pablo Barreiro no Auditorio de Galicia. Contén tres obras inéditas dos galegos Marcial del Adalid, José Arriola e Juan Durán.
    13 min
  • 'Interior dun coche fúnebre'
    Eva María Gontad fala da súa obra de ficción sonora, que escoitamos a seguir. Trátase da terceira das premiada na terceira edición do certame Escoitamos teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega.
    16 min
  • A crónica deportiva 07-02-2024
    Escoitamos a David Mella ao recibir, con só 18 anos, o seu primeiro premio como xogador do mes no Deportivo da Coruña. En Primeira, mentres, o Celta volve aos adestramentos; e na 2ª RFEF o Pontevedra comunica que Rufo terá repouso trala súa indisposición no último partido.
    27 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades