Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • O oficio da restauración e a conservación
    O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
    20 min
  • 'O dicionario dos seres míticos galegos'
    Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial.
    Neste 2024, a literatura celebra o 25 aniversario da saída do prelo dun dos libros máis coñecidos e celebrados da nosa literatura: 'O dicionario dos seres míticos galegos' de Xerais. Os autores son Xoan R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, con ilustracións do galegocubano xa falecido Lázaro Enríquez.
    Neste Diario Cultural tamén descubrimos 'A nave dos fatos', un álbum ilustrado de Ana G. Lartitegui. Esta obra está publicada pola editora vasca 'A Fin de Cuentos', que por primeira vez traduce un dos seus libros ao galego.
    9 min
  • 'Pequefilmes': unha finde de película
    O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde.
    16 min
  • A crónica deportiva 26-01-2024
    E, por suposto, as voces da xornada e as previas da fin de semana deportiva.
    Claudio Giráldez, adestrador do Celta Fortuna, e Imanol Idiákez, adestrador do Deportivo, falan do derbi do domingo en Balaídos.
    30 min
  • Diario cultural 26-01-2024
    O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde. Afonso Becerra adica o seu espazo semanal a falarnos da publicación do número 106 da 'Erregueté', a revista de artes escénicas galega que vén de cumprir 40 anos.
    30 min
  • Diario cultural 26-01-2024
    O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da Fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
    Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades