Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Percorrendo a felicidade
    A Real Filharmonía de Galicia fará acto de presenza en Santiago, no Auditorio de Galicia, e en Vigo, no Teatro Afundación, no marco do seu novo programa 'Percorrendo a felicidade'. Será o debut de Rita Castro Blanco á fronte da Real Filharmonía de Galicia.
    15 min
  • A crónica deportiva 24-01-2024
    A eliminación na Copa do Rei, tres días despois de perder en Liga tamén coa Real, fai aumentar as críticas a Rafa Benítez no Celta. En Ferrol, escoitamos a felicidade de David Castro, ao pouco de renovar no Racing. E no balonmán o Cangas presenta o pivote portugués Eduardo Mendonça.
    30 min
  • Diario cultural 24-01-2024
    Analizamos con Patricia Hermida o informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades", impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
    Con Luís Miguel Crespo conversamos sobre os novos concertos da Real Filharmonía de Galicia que terán lugar en Santiago e Vigo: 'Percorrendo a felicidade'.
    30 min
  • Berta Dávila abre unha nova etapa con 'A ferida imaxinaria'
    Berta Dávila preséntanos a súa última novela, A ferida imaxinaria, publicada por Edicións Xerais. A historia de dúas parellas de irmás distanciadas que atopan refuxio nas ficcións que elas mesmas constrúen. Un libro que abre unha nova etapa narrativa para a escritora, despois da autoficción dos seus premiados Carrusel, Illa Decepción e Os seres queridos.
    28 min
  • Diario cultural 24-01-2024
    A escritora Berta Dávila preséntanos a súa última novela, A ferida imaxinaria, publicada por Edicións Xerais. A historia de dúas parellas de irmás distanciadas que atopan refuxio nas ficcións que elas mesmas constrúen. Un libro que abre unha nova etapa narrativa para a escritora, despois da autoficción dos seus premiados Carrusel, Illa Decepción e Os seres queridos.
    30 min
  • Diario cultural 24-01-2024
    O artista e realizador David Fidalgo Omil revisa os clixés sobre o amor na televisión na exposición 'Love'. No seu traballo utiliza o concepto de meme para se achegar unha visón irónica e critica sobre a telerealidade.
    15 min
  • Cen anos de 'La leyenda del beso' de Soutullo
    O 18 de xaneiro de 1924 estreouse en Madrid 'La leyenda del beso', unha das zarzuelas que o ponteareán Reveriano Soutullo asinou con Juan Vert, e unha das súas obras máis célebres. Aproveitando a efeméride a orquestra Clásica de Vigo organiza un ciclo de concertos, conferencias e charlas que comeza o 26 de xaneiro. Escoitamos os musicólogos Alejo Amoedo e Xaime Estévez, dous dos participantes no ciclo 'Prólogo a Soutullo. Senda para un centenario'.
    17 min
  • Tres artistas con poder interior
    Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Poder interior', que reúne na galería 'Luisa Pita' obras das galegas Menchu Lamas e Rut Massó e
    da venezolana Ana Margarita Ramírez. A galería prepara exposicións individuais das tres artistas para 2024 e 2025.
    12 min
  • Alfonso Deus, no Vello Cárcere de Lugo
    O Vello Cárcere de Lugo acolle ata o 15 de febreiro unha exposición de acuarelas e cadros en relevo do pintor, mestre e músico coruñés Alfonso Deus. A mostra é o resultado do traballo de catro anos de pintura, con 130 acuarelas e 40 cadros en relevo. Unha reportaxe de Isabel Freire.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades