Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 23-01-2024
    Última hora do RC Celta antes de volver recibir a Real Sociedad en Balaídos, agora na eliminatoria de cuartos, partido único, da Copa do Rei. Na Segunda, o director deportivo do Racing non descarta máis incorporacións; na 1ª RFEF, Illescas chega cedido ao Arenteiro; e na 2ª RFEF investigan un intento de amaño no Badajoz-Pontevedra trala denuncia de xogadores granates.
    30 min
  • Diario cultural 23-01-2024
    O Concerto para formigoneira e ensemble abre o proxecto de residencia musical que desenvolve no Centro Galego de Arte Contemporánea Ensemble Liberdade coa dirección de Xacobe Martínez Antelo. “Nós cremos no poder transformador da música, da cultura, senón non estariamos nisto”, asegura nunha entrevista do Diario Cultural.
    15 min
  • Diario cultural 23-01-2024
    O 18 de xaneiro de 1924 estreouse en Madrid 'La leyenda del beso', unha das zarzuelas que o ponteareán Reveriano Soutullo asinou con Juan Vert, e unha das súas obras máis célebres. Co motivo desta efeméride, a orquestra Clásica de Vigo organiza un ciclo de concertos, conferencias e charlas que comeza o 26 de xaneiro. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Poder interior', que reúne na galería Luisa Pita obras das galegas Menchu Lamas e Rut Massó e da venezolana Ana Margarita Ramírez.
    30 min
  • Diario cultural 23-01-2024
    O vello cárcere de Lugo acolle unha exposición de acuarelas e cadros en relevo do pintor, mestre e músico coruñés Alfonso Deus. Unha proposta de mestura da que conversa con Isabel Freire. Por outra banda, a nosa experta Dolores Vilavedra trae o segundo libro de Natalia Alonso Ramos: 'Advertencias para un traxecto boreal'.
    30 min
  • Do libro á galería de arte
    A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos.
    Ramos e Cáccamo levan unha década colaborando en proxectos conxuntos de poesía visual e obxectual ata chegar a este traballo no que a autoría individual desaparece e o humor convive coa profundidade. 'Criptografías' pode visitarse ata o 9 de febreiro.
    11 min
  • Un paseo pola Alta Idade Media
    Mario César Vila visítanos acompañado doutro arqueólogo, José Carlos Sánchez Pardo, profesor da USC. Falamos da Alta Idade Media, da formación dos arqueólogos e arqueólogas do futuro, do novo mestrado de Patrimonio Cultural Dixital e sobre o maior interese social no patrimonio.
    19 min
  • 'Cantares do Brión', con textos de Bernardino Graña
    Emilio Españadero recomenda a actuación en directo do coro galego 'Cantares do Brión', con música de Suso Vaamonde a partir do texto de Bernardino Graña. Entre as novidades en música tradicional, o grupo Fixe Trío, formado por Blanca Marigómez, Joel Fontán e Xela Conde, presenta un novo tema musical: 'Seis', unha fusión entre unha muiñeira e un cantar.
    14 min
  • A crónica deportiva 22-01-2024
    Tres días despois de perder na Liga o Celta volverá recibir a Real en Balaídos pero agora na Copa e Benítez evita confirmar se fará cambios no equipo, só asegura que non xogará a última fichaxe, Manquillo. No fútbol escoitamos tamén as valoracións tralo Deportivo 2-Ponferradina 0, coa grande actuación dos canteiráns, e no baloncesto o Breogán celebrou o regreso de Sakho cun triunfo ante o Girona.
    30 min
  • Diario cultural 22-01-2024
    A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos. Na sección de voces expertas imos de paseo pola Alta Idade Media con Mario César Vila.
    30 min
  • Diario cultural 22-01-2024
    "É unha diáspora que non vén tanto dun lugar xeográfico como dun lugar ontolóxico. Nós viñamos do campo e o campo non é un lugar distinto senón un mundo distinto”. Brigitte Vasallo publica 'Tríptico do Silencio' que forma parte do proxecto de investigación sobre a memoria das diásporas Triloxía de Naxos.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades