Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 19-01-2024
    Os Premios de Arquitectura 'Gran de Area' entréganse o 20 de xaneiro en Celanova. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recomenda obras de literatura infantil e xuvenil.
    30 min
  • Diario cultural 19-01-2024
    A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario neste mes de xaneiro. Facemos un percorrido pola traxectoria da Orquestra co seu director e fundador, Manuel Martínez Álvarez. Na sección de voces expertas, descubrimos as últimas novidades en artes escénicas con Afonso Becerra.
    30 min
  • Concerto en homenaxe a Rogelio Groba
    A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña o sábado 20 de xaneiro. A Radio Galega gravará a actuación para a súa emisión posterior. Groba, finado nos últimos días de 2022 con 92 anos, deixou un enorme corpus de 735 composicións, que a Fundación Groba está gravando e dixitalizando.
    13 min
  • Carlos Ares, Sleater-Kinney, Pamela Rodríguez e Jacobo Serra
    O menú musical de Tito Lesende comeza desta vez co músico coruñés Carlos Ares e unha das cancións do seu primeiro disco, 'Peregrino'. Escoitamos tamén unha das pezas de 'Little Rope', o undécimo álbum das estadounidenses Sleater-Kinney.
    Entre as opcións de música en vivo, destacamos a Pamela Rodríguez, que empeza o ano con concertos en Santiago e Coruña. Julián Seijas, baixista de Pamela Rodríguez, forma parte tamén da banda de Jacobo Serra, o último prato desta sesión musical.
    16 min
  • 'Medio século tras a a idea, Glaucón', de José Antonio Ocaña
    O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón', no centro municipal José Ángel Valente de Ourense. A mostra é unha viaxe a través de 50 anos de traxectoria artística. Neste Diario Cultural reflexionamos con José Antonio Ocaña sobre a súa vida artística dende a súa primeira exposición no 1969.
    17 min
  • 'A zona de interese' e 'O correo'
    Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas. A película 'A zona de interese', dirixida por Jonathan Glazer a partir dunha novela de Martin Amis, é unha nova ollada ao Holocausto. O filme amosa a tranquilidade coa que vive a familia dun comandante nazi a poucos metros de Auschwitz. O filme reflicte a normalidade fóra dos campos de concentración. O espectador sabe que Auschwitz está ao outro lado dun muro, pero en ningún momento ve imaxes do campo. O resultado é un relato de constraste que evidencia a capacidade do ser humano para facer o mal.
    Moncho Lemos tamén recomenda 'O correo', dirixida por Daniel Calparsoro e protagonizada por Arón Piper, María Pedraza, Luis Tosar e Luis Zahera. O filme é un thriller policial, baseado en feitos reais, que narra a historia dun ambicioso mozo de Vallecas que acaba integrado nunha organización internacional de branqueo de capitais.
    10 min
  • A crónica deportiva 18-01-2024
    Os canteiráns do Celta reivindicáronse na Copa e o equipo gaña moita moral para o regreso á Liga. Na Segunda, Ander Cantero alerta de que o Racing terá máis dificultades na segunda volta do campionato. E no Deportivo, Iván Barbero recoñece a preocupación e cualifica de "final" o partido coa Ponfe en Riazor.
    30 min
  • Diario cultural 18-01-2024
    A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña. Na sección de voces expertas, temos recomendacións musicais con Tito Lesende.
    30 min
  • Diario cultural 18-01-2024
    O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón' no Centro Municipal Ángel Valente en Ourense. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades