Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 22-01-2024
    O escritor Francisco Coimbra publica a novela 'Unha saca de patacas', unha obra de lingua, diversidade e patrimonio. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero analiza as novidades da música tradicional.
    30 min
  • 'Unha saca de patacas', de Francisco Coimbra
    Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero non sabe que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén se denomina pataca. Francisco Coimbra sorprende ao lector con este inusitado argumento, que da pé a unha trama narrativa trepidante.
    O autor Francisco Coimbra presenta a nosa lingua como un idioma aberto á súa diversidade. Un idioma que gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e cos lectores.
    Francisco Coimbra convida ao lector a unha reflexión sobre as contradicións do noso presente. Unha entrevista de Ánxela Diéguez.
    15 min
  • Grans de area de arquitectura
    A rexeneración do paseo marítimo de Bouzas, a recuperación dos baños de San Xusto no concello de Cerdedo-Cotobade, un novo hotel nunha casa chea de memoria en Celanova. Son tres dos proxectos galardoados polos premios Gran de Area, que conceden as delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectura. Once intervencións que fan achegas pequenas pero importantes á arquitectura e á posta en valor da súa contorna. Coñecémolas con algúns dos arquitectos premiados con Emma Noriega, integrante do xurado e presidenta da delegación de Ourense do COAG.
    20 min
  • Contos e cantos
    Eva Mejuto recomenda dous libros con texto e música. 'Silforiña' é un álbum ilustrado escrito por Elena Paz, ilustrado por Carlota Diz e editado pola agrupación musical e teatral Golfiños. O texto narra a historia dunha nena que prefire imaxinar o mundo a percorrelo e que vai descubrindo emocións como o medo e a tristura, o paso do tempo e o silencio. As cancións atoparémolas nun código QR que acompaña o libro.
    A segunda proposta é 'Polina, a pulguiña', con texto de Leticia Gancedo e ilustracións de Mar Ferrero. O libro está editado por OQO e conseguiu o Premio Internacional de Álbum Ilustrado de Fuengirola. Polina é unha pulga sempre acompañada do seu banjo, que se perde camiño dun concerto. Tamén un código QR nos levará á lista de cancións para escoitar.
    10 min
  • O 40 aniversario da Orquestra Clásica de Vigo
    Era xaneiro de 1984. Un grupo de músicos novos da cidade de Vigo reuníase para atopar un punto común arredor da música. Foi o primeiro chanzo para formar a Orquestra Clásica de Vigo. Entre os novos músicos estaba Manuel Martínez Álvarez, fundador e director da Orquestra Clásica de Vigo. A Orquestra naceu co obxectivo principal da formación nun contexto onde aínda non había ningunha orquestra profesional en Galicia.
    Neste Diario Cultural entrevistamos a Manuel Martínez Álvarez, fundador e director da Orquestra Clásica de Vigo. Tamén descubrimos a pegada que deixou esta Orquestra nos músicos que formaron parte dela.
    16 min
  • 'Eu fraude', de Paula Pier
    Afonso Becerra recomenda 'Eu fraude', de Paula Pier, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. É unha peza que rompe os moldes e cuxa historia vital está fóra do escenario. 'Eu fraude' é unha fusión de xéneros, que combina música, danza, interpretación e canto. Unha historia de amor propio, de quitar as caretas e mirar dentro de nós. O espectáculo rompe coa arte do finximento propia do teatro, o mundo das superficialidade e as apariencias. O teatro, como a vida, pode ser, en moitas ocasións, unha fraude. Esta peza artística está protagonizada por Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco.
    12 min
  • Diario cultural 19-01-2024
    A editorial Galaxia celebrará cun premio dotado con 25.000 euros o seu 75 aniversario. Recupera así a fórmula coa que xa celebrara o seu vixésimoquinto aniversario.
    15 min
  • Diario cultural 19-01-2024
    Os Premios de Arquitectura 'Gran de Area' entréganse o 20 de xaneiro en Celanova. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recomenda obras de literatura infantil e xuvenil.
    30 min
  • Diario cultural 19-01-2024
    A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario neste mes de xaneiro. Facemos un percorrido pola traxectoria da Orquestra co seu director e fundador, Manuel Martínez Álvarez. Na sección de voces expertas, descubrimos as últimas novidades en artes escénicas con Afonso Becerra.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades