Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Konrad' e 'Ula e Vinca' con Eva Mejuto
    Nas propostas de lectura de Eva Mejuto hai hoxe unha clásico e unha novidade. Recuperamos Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, publicado en 1975 pola escritora austríaca Christine Nöstlinger e traducido ao galego por Eva Almazán e publicado por Sushi Books. E acaba de chegar ás librarías o cómic infantil ‘Ula e Vinca’, escrito e ilustrado por María Bren e publicado por Antela Editorial.
    11 min
  • A crónica deportiva 10-11-2023
    A información que facilita o Celta de cara á vindeira xunta de accionistas revela varias novidades: o club traspasou a Gabri Veiga por moito menos da súa cláusula e pechou o pasado exercicio con 13 millóns de débeda. No fútbol, ollamos tamén para a actualidade do Racing e da 1ª RFEF e escoitamos a Moncho Fernández no Obradoiro
    28 min
  • Diario cultural 10-11-2023
    Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.
    Hoxe Afonso Becerra tráenos ópera: 'Don Pasquale' da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, pertencente ó seu "Outono Lírico".
    30 min
  • Diario cultural 10-11-2023
    Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aquí do acordeonista Dider Laloy e o violinista Damien Chierici, cos que transforma musicalmente pezas inspiradas na tradición galega.
    Nas propostas de lectura de Eva Mejuto hai hoxe unha clásico e unha novidade. Recuperamos Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, publicado en 1975 pola escritora austríaca Christine Nöstlinger e traducido ao galego por Eva Almazán e publicado por Sushi Books. E acaba de chegar ás librarías o cómic infantil ‘Ula e Vinca’, escrito e ilustrado por María Bren e publicado por Antela Editorial.
    30 min
  • Comeza Cineuropa 37
    Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa.
    19 min
  • A crónica deportiva 09-11-2023
    Rafa Benítez revela na previa do Athletic-Celta que no club decidiron impor a 'lei do silencio' sobre as arbitraxes. Ademais, LaLiga presenta a reforma da Malata como candidata a un premio europeo. E as previas da 1ª RFEF, o Dépor feminino e o Breogán
    27 min
  • Diario cultural 09-11-2023
    Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa.
    Moncho Lemos tráenos dous filmes : ‘O mestre que prometeu o mar’, de Patricia Font; e ‘Un amor’, de Isabel Coixet.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades