Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • IV Butaca de Jazz
    Gozar do Jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butacas de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela
    14 min
  • 'A inmoral doutora Cons'
    Dolores Vilavedra tráenos a recomendación literaria da semana: 'A inmoral doutora Cons', escrita por Roberto Fernández Álvarez e editada por Aira. Gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2022.
    14 min
  • Como formarse para traballar en cultura
    Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.
    21 min
  • A crónica deportiva 14-11-2023
    Héber Pena recolle o premio ao futbolista máis descatado do mes nun Racing de Ferrol no que hai moito que destacar. "É un orgullo e unha responsabilidade", di o extremo. No Dépor, mentres, é dúbida Pablo Vázquez, indiscutible para Idiakez. No balonmán atendemos á ultima hora do Porriño e do Guardés, que teñen liga o mércores, e no baloncesto, a previa do partido do Breogán co Hapoel Holon que se vai xogar en Letonia.
    27 min
  • Diario cultural 14-11-2023
    Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.
    Con Mónica Maneiro facemos un percorrido arredor da exposición 'Xeometría Mundi', adicada á traxectoria profesional do coruñés Luis Caruncho.
    30 min
  • Diario cultural 14-11-2023
    Gozar do Jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butaca de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela.
    Dolores Vilavedra tráenos a recomendación literaria da semana: 'A inmoral doutora Cons', escrita por Roberto Fernández Álvarez e editada por Aira. Gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2022.
    30 min
  • Diario cultural 14-11-2023
    O Centro Dramático Galego estrea no Festival de Teatro de Viana do Castelo “Manuela Rey is in da house”. A obra recupera a figura da actriz de orixe galega que triunfou en Lisboa no século XIX.
    15 min
  • Música tradicional en directo!
    Emilio Españadero vén con varias propostas de música en directo: A Festa do Trece, en Narón; ciclo Músicas para recrear, no Campus de Pontevedra da Uvigo; e o Festival Folk Canarias, no que estará Ailá.
    13 min
  • A crónica deportiva 13-11-2023
    Paco Santos repasa os resultados dos equipos galegos nas principais categorías do fútbol, con protagonismo para as vitorias do Racing, o Celta Fortuna e o Deportivo. No tempo do baloncesto, lembramos o gran duelo dos Howard no Sar e logo falamos da gran cita internacional da ximnasia rítmica que se celebra esta semana en Santiago
    27 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades