Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 17-11-2023
    Rafa Benítez valora o sorteo da Copa que levará o Celta a Sestao. No Racing, os axentes de Carlos Vicente negan que xa teña pechada a saída ao Valencia e din que van escoitar varios clubs, entre eles o propio Celta. Escoitamos a Idiakez e a Javi Rey antes dos partidos do Deportivo e do Arenteiro e, no baloncesto, a Moncho Fernández trala fichaxe do ucraíno Kovliar.
    25 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    “Neste proceso atopeime a min e atopei a miña tía, a persoa detrás da poeta” Bruno Arias estrea en Cineuropa o filme Os espazos en branco un camiño pola memoria de Xela Arias.
    15 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    Edicións Xerais de Galicia publica un novo poemario de Lupe Gómez, que gañou o premio Manuel Lueiro Rey. Trátase de "Salón de Té". Isabel Freire conversou con ela.
    Afonso Becerra tráenos ‘Manuela is in da house’. Coa dirección de Fran Núñez, estreouse o pasado 10 de novembro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal).
    30 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión, unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas. Conversamos con María López-Sández e Gabino Vázquez-Grandío, autores deste estudo canda Xaquín Loredo.
    Eva Mejuto proponnos hoxe tres lecturas relacionadas con Federico García Lorca. Para os máis novos, o álbum ilustrado ‘Federico’, con texto de Jesús Castro Yáñez e ilustracións de Iván R, un conto no que o neno Federico espera a chegada dunha compañía de teatro á súa vila. ‘Medio pan e un libro’, editado por Kalandraka, recolle o discurso que publicou o poeta granadino na inauguración da biblioteca da súa vila natal, Fuentevaqueros, traducido por Henrique Alvarellos. Por último, Eva recoméndanos a edición crítica dos ‘Seis poemas galegos’ publicada na colección Batiscafo da editora Chan da Pólvora.
    30 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica 'Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión', unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas. Conversamos con María López-Sández e Gabino Vázquez-Grandío, autores deste estudo canda Xaquín Loredo.
    Eva Mejuto proponnos hoxe tres lecturas relacionadas con Federico García Lorca. Para os máis novos, o álbum ilustrado ‘Federico’, con texto de Jesús Castro Yáñez e ilustracións de Iván R, un conto no que o neno Federico espera a chegada dunha compañía de teatro á súa vila. ‘Medio pan e un libro’, editado por Kalandraka, recolle o discurso que publicou o poeta granadino na inauguración da biblioteca da súa vila natal, Fuentevaqueros, traducido por Henrique Alvarellos. Por último, Eva recoméndanos a edición crítica dos ‘Seis poemas galegos’ publicada na colección Batiscafo da editora Chan da Pólvora.
    30 min
  • O último de Triángulo de Amor Bizarro ou Tanxugueiras
    Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras, “As que teñen que estar”, unha colaboración co rapeiro Juancho Marqués. Descubrimos a Zuaraz, un grupo mexicano-galego-madrileño relacionado cos Blanco Palamera e poñemos o ramo con Green Day, que serán cabeza de cartel d´O Son do Camiño 2024.
    30 min
  • A crónica deportiva 16-11-2023
    Dous nomes propios marcan este xoves a actualidade do fútbol galego: Gabri Veiga, pola noticia que asegura que o Celta querería recuperalo, e Carlos Vicente, que según din dende Valencia podería ter xa un acordo co club 'che'. Ademais, escoitamos a Idiákez no Dépor e repasamos a derrota do Brogán na Liga de Campións de baloncesto.
    28 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades