Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 24-11-2023
    “Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.
    15 min
  • Diario cultural 24-11-2023
    O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán.
    Afonso Becerra tráenos un espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en fase embrionaria. Trátase do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, celebrado o pasado 18 de novembro coa organización da AELG.
    30 min
  • Diario cultural 24-11-2023
    Nove entidades profesionais das artes escénicas e musicais promoven un protocolo de prevención e actuación do acoso sexual e da discriminación por sexo e xénero. Preséntannolo Patricia de Lorenzo, de Escena Galega, e Patty Castro, da Asociación Músicas ao Vivo.
    Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labraña na que unha nena fai amizade cun soldado de porcelana que viviu na súa vila hai moitos anos. A obra gañou o premio SGAE de teatro infantil, está publicada por Xerais e recomendada a partir dos 9 anos. 'Quen escribirá a miña historia?' é unha novela de Iria Morgade Valcárcel que pescuda no destino das persoas presas no campo de concentración do mosteiro de Oia, editada por Galaxia. A autora é investigadora sobre memoria histórica no grupo Histagra da USC.
    30 min
  • A crónica deportiva 23-11-2023
    As localidades para o partido da selección feminina de fútbol en Pontevedra esgótanse en quince minutos. Na Primeira, o Celta recupera os internacionais; no Racing, Sabin Merino lembra a súa etapa no Leganés; e na 1ª RFEF, previa do derbi Lugo-Arenteiro. No baloncesto, escoitamos as valoracións tralo triunfo do Breogán ante o Hapoel Holon, 82-72, na BCL.
    26 min
  • Diario cultural 23-11-2023
    ‘Hai quen escolle os camiños máis longos’ é a última montaxe escénica da compañía Berrobambán. Un espectáculo inspirado no poemario do mesmo título, de Paula Carballeira, e coproducido pola compañía portuguesa Ponto de Fuga. A peza é o primeiro capítulo dunha ‘Triloxía do Bosque’ dedicada a explorar a rica simboloxía que agocha este espazo e cales son as súas implicacións no presente. Conversamos con Paula Carballeira, que codirixe a montaxe con Chiqui Pereira, e forma parte do elenco coas actrices portuguesas Bárbara Soares e Joana Saraiva.
    A selección musical de Tito Lesende ábrese esta semana co último tema de Bala, ‘Prisas’, unha auténtica canción protesta que dispara contra a precariedade, as dificultades para acceder á vivenda ou o ritmo frenético da nosa vida. Outra cara da vida pona o ‘Meu amore’, de Sen Senra, unha declaración de amor a distancia. Completan a escolma ‘Un futuro sen ti’, o samba que comparten Lontreira e Berto e mais Nikki Hill, unha das participantes desta edición do Outono Codax.
    30 min
  • Diario cultural 23-11-2023
    Vinte autores e autoras debaten e reflexionan sobre a profesionalización, a edición, a proxección internacional, os novos públicos , os vínculos interartísticos, a lingua e o xénero e as identidades no Congreso de Poesía Nova que organiza a AELG. Escoitamos a Rosalía Fernández Rial, Antía Otero, Eduard Velasco, Andrea Nunes Brións e Patricia Torrado.
    15 min
  • Diario cultural 23-11-2023
    A Orquesta Clásica de Vigo organiza a terceira edición do Festival de órgano “8 pés”. Tres días nos que se pode gozar do impresionante órgano Alberdi da Colexiata de Santa María. Isabel Freire cóntanos os detalles.
    Esta semana Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Napoleón’, de Ridley Scott; e ‘El amor de Andrea’, de Manuel Martín Cuenca.
    30 min
  • A crónica deportiva 22-11-2023
    O Comité Técnico de Árbitros defende aos colexiados e contraataca sinalando os erros de xogadores do Celta. No Racing, Cubero analiza o dobre duelo en Liga e Copa co Leganés. E no Deportivo, outro mancado, desta volta é Pablo Valcarce.
    26 min
  • Diario cultural 22-11-2023
    “(a Glez Millan) interésanlle os conflitos e moitas veces os estudos literarios non falan de conflitos, falan de orde, teñen unha obsesión coa orde”. Arturo Casas é un dos editores do volume Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico que revisa o traballo do investigador en diálogo con especialistas actuais.
    15 min
  • Diario cultural 22-11-2023
    A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebra a gala do seu 75 aniversario este sábado en Lugo. Falamos co seu director artístico, Bruno Villamor, e co presentador da gala, Paco Nieto.
    Luz Castro avánzanos un pouco do Culturgal 2023. Haberá unha exposición interactiva e unha mostra e competición de videoxogos galegos. Entre eles: Super Woden GP (Vijuda), Avoo (Iseltec) e Grelo (Colectivo Arume).
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades