Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A teoría e a práctica musical de Zavala
    Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na sala Ruído de Ferrol.
    19 min
  • A crónica deportiva 27-11-2023
    A afección do Racing de Ferrol tomou con enorme enfado a decisión, penalti e expulsión moi discutibles, que condicionou o partido dos verdes en Leganés. Na Primeira División, o Celta segue en descenso e asume como crucial o partido co Cádiz. E na 1ª RFEF aumentan as dúbidas sobre o Dépor e sobre Idiakez tralo empate na casa co Osasuna B.
    28 min
  • Diario cultural 27-11-2023
    Unha exposición arredor da figura de Olga Gallego. Foi a primeira muller que entrou na Real Academia Galega como numeraria e protagoniza unha exposición no Arquivo de Galicia do Gaiás.
    Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".
    30 min
  • Diario cultural 27-11-2023
    “É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico
    15 min
  • Diario cultural 27-11-2023
    Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na sala Ruído de Ferrol.
    Con Mario César Vila abordamos a relación que existe entre o conflito bélico e a arqueoloxía.
    30 min
  • Música nos 40 anos do Consello da Cultura Galega
    O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán.
    15 min
  • VI Festival Pezas do Teatro do Porvir
    Afonso Becerra vén cun espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en fase embrionaria. Trátase do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, celebrado o pasado 18 de novembro coa organización da AELG.
    12 min
  • Lecturas con memoria e sen idade
    Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labraña na que unha nena fai amizade cun soldado de porcelana que viviu na súa vila hai moitos anos. A obra gañou o premio SGAE de teatro infantil, está publicada por Xerais e recomendada a partir dos 9 anos.
    'Quen escribirá a miña historia?' é unha novela de Iria Morgade Valcárcel que pescuda no destino das persoas presas no campo de concentración do mosteiro de Oia, editada por Galaxia. A autora é investigadora sobre memoria histórica no grupo Histagra da USC.
    11 min
  • As 'Vidas Cantadas' de Leilía
    “Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.
    14 min
  • A crónica deportiva 24-11-2023
    Rafa Benítez evita as críticas ás arbitraxes antes do Valencia-Celta, pero rexeita as insinuacións de Medina Cantalejo. Ás portas dunha nova xornada de fútbol escoitamos a Cristóbal no Racing, Idiakez no Dépor, os adestradores do Lugo e do Arenteiro e a Irene Ferreras. E, no baloncesto, falan Moncho no Obra, Mrsic no Breo, os técnicos do COB e do Basquet Coruña e dúas protagonistas do derbi Celta-Ensino de Navia: Cristina Cantero e Laia Lamana.
    26 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades