Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 30-11-2023
    As campioas do mundo adestran en Cambados polo mal estado do céspede de Pasarón. Na 1ª RFEF, escoitamos a Pedro Munitis no CD Lugo e a Yeremay no Deportivo, na súa primeira rolda de prensa como profesional. Tamén rescatamos o máis destacado da entrevista do adestrador do Liceo en Ao contraataque e a valoración do técnico do Basquet Coruña logo de perder en Burgos, onde só anotaron 2 de 25 tiros de tres.
    26 min
  • Diario cultural 30-11-2023
    “É desexable unha colección permanente no CGAC? E de ser así, serían necesarios novos espazos ou máis espazo para o CGAC?” Pedro de Llano Neira modera as mesas sobre “Coleccións públicas a debate: A colección CGAC” que se inscriben na programación do 30 aniversario do centro.
    15 min
  • Diario cultural 30-11-2023
    O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a exposición “Viaxar para pintar” ata o 10 de marzo de 2024. Trátase dunha mostra que reflicte a estadía do artista en Galicia, complementada con obras de artistas galegos cos que estableceu unha relación próxima. A súa comisaria é Sonia Martínez Requena.
    Como cada xoves Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Oito apelidos marroquís’, de Álvaro Fernández Armero; e ‘Sobre todo de noite’, de Víctor Iriarte.
    31 min
  • Diario cultural 30-11-2023
    Por primeira vez, na súa dilatada traxectoria, o pintor coruñés Correa Corredoira ten dúas exposicións a disposición do público galego. En Ourense "Un lugar sen medida", froito da súa experiencia africana. En Carballo algo ben diferente. Con Correa Corredoira fala Isabel Freire.
    Tito Lesende avánzanos unha das cancións do disco-fanzine que Dios ke te Crew repartirán este 2 de decembro no concerto que culmina as celebracións dos seus 20 anos de traxectoria: unha relectura de ‘Silencio’ a cardo de Karma Sound. Escoitamos ‘Baile’, o primeiro adianto do disco que publicará Santi Araújo en 2024 e ‘El alijo’, o novo tema de Queralt Lahoz. E despedimos a Shane MacGowan con ‘Fairytale of New York’, a panxoliña triste que The Pogues e Kirsty MacColl gravaron en 1987.
    31 min
  • A crónica deportiva 29-11-2023
    O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, explica que, tralas críticas, se venderán máis localidades para o España-Italia de Pasarón. No Deportivo, Davo analiza a falta de gol do equipo. E no baloncesto, o dominicano Rigoberto Mendoza amplía contrato dúas temporadas co Obradoiro.
    28 min
  • Diario cultural 29-11-2023
    ‘Os suicidantes’ é unha distopía ambientada en Santiago de Compostela, nun futuro deshumanizado no que se estende entre a poboación a ‘gran dor’, que lles quita as ganas de vivir. É a primeira banda deseñada do novelista Diego Ameixeiras, en colaboración co ilustrador Tomás Guerrero. Os dous autores explícannos algunhas das claves desta historia negrísima de alento humanista publicada por Edicións Xerais.
    30 min
  • Diario cultural 29-11-2023
    “Hai que ofrecer olladas diversas do rural porque segue habendo moito preconceito sobre como é ou como foi a vida no rural”. As memorias da infancia protagonizan Cinco corujas o novo libro da escritora Susana Sanches Arins.
    15 min
  • Diario cultural 29-11-2023
    O laberinto de emocións que nos trae ‘O tempo dos lagartos’. Falamos co escritor Carlos Negro sobre a súa última obra, elaborada xunto a Raquel Senra para Xerais.
    Con Luís Miguel Crespo rescatamos a figura de Antonio Iglesias Vilarelle. Vén de publicarse unha revisión de partituras do artista: ‘Zeltia’. Todo da man de Jose Antonio Cantal Mariño e o Consello da Cultura Galega.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades