Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • As cores do cosmos
    Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.
    11 min
  • A crónica deportiva 04-12-2023
    Carl Starfeld recupérase a tempo para estar disponible para o Celta-Cádiz de Balaídos no que Benítez espera "minar a moral" dun rival directo. En Ferrol, o Racing lanza a segunda fase da súa ampliación de capital. E, aínda coa última xornada en quente, chega a segunda eliminatoria da Copa, que nos traerá partidos o martes, o mércores e o xoves.
    28 min
  • Diario cultural 04-12-2023
    Álvaro Martínez Leiro, cesteiro de Pazos de Borbén, é candidato ó Premio Nacional de Artesanía e a cesteira Julia de la Cal, co obradoiro La Parabólica de Porriño, está nomeada na categoría de Emprendemento.
    A Real Academia Galega e a Fundación Barrié buscan a Palabra do Ano 2023! As suxestións do público a través do Portal das Palabras recolleranse ata o domingo 10 de decembro ás 23:59 horas para posteriormente someterse a votación popular do 12 ao 25 deste mesmo mes.
    30 min
  • Diario cultural 04-12-2023
    Máis de 10.000 entradas na Base de datos do teatro galego documentan unha sorprendente actividade escénica entre os anos 1936 e 1973. Falamos con Carlos Biscaínho Fernándes do Observatorio do teatro galego e da Base de datos do teatro galego (1936-1973) que a Academia Galega de Teatro presentou en Culturgal
    15 min
  • Diario cultural 04-12-2023
    O Fanzine Fest leva música electrónica de vangarda e artes visuais a diferentes espazos da Coruña durante esta semana. Do Planetario á fundación Luís Seoane, da Domus á sala O Túnel. Conversamos con Pablo Cubeiro, un dos directores do Fanzine Fest, e con Óscar Domínguez, membro do colectivo MOM, un grupo artístico coruñés que propón este mércores unha instalación sensorial interactiva na igrexa das Capuchiñas.
    Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.
    30 min
  • A crónica deportiva 01-12-2023
    Última hora dos equipos galegos das principais categorías antes dunha nova xornada de fútbol. No Celta, Unai Núñez estivo coa TVG e recoñeceu a importancia do encontro co Cádiz. Na Segunda, Enrique Clemente revive a conversa co liña que admitía que non houbera penalti en Leganés. E na 1ª RFEF, Idiakez entende que pode ser destituido se o Dépor non o fai ben no campo do Barça B.
    27 min
  • Diario cultural 01-12-2023
    Teatro do Noroeste estrea esta finde “As damas de Ferrol” no Teatro Jofre ferrolán. Trátase dunha nova versión dirixida por Clara Gayo a partir do texto orixinal de Eduardo Alonso.
    Afonso Becerra tráenos unha recomendación exótica con danza, teatro e música en directo! ‘Blues de Medianoite’, un espectáculo de Laboratorio Escénico e Alba Fernández Cotelo.
    30 min
  • Diario cultural 01-12-2023
    Vinte cantantes de sete países competirán esta fin de semana polos galardóns do VI Concurso de Canto Compostela Lírica organizado por Amigos da Ópera de Santiago.
    Vértebras, a nova proposta do hip hop galego que chega para axitar conciencias e dar voz ás esquecidas. O dúo formado por Ika Subversiva e Amari presenta «Moito Love», un tema en clave «old school» cunha profunda carga de compromiso social.
    15 min
  • DKTC, Santi Araújo, Queralt Lahoz e Shane MacGowan
    Tito Lesende avánzanos unha das cancións do disco-fanzine que Dios ke te Crew repartirán este 2 de decembro no concerto que culmina as celebracións dos seus 20 anos de traxectoria: unha relectura de ‘Silencio’ a cardo de Karma Sound. Escoitamos ‘Baile’, o primeiro adianto do disco que publicará Santi Araújo en 2024 e ‘El alijo’, o novo tema de Queralt Lahoz. E despedimos a Shane MacGowan con ‘Fairytale of New York’, a panxoliña triste que The Pogues e Kirsty MacColl gravaron en 1987.
    14 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades