Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Jon Jost e a 'Casa do silencio'
    Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxeccións durante esta semana. Conversamos co cineasta e con Ramom Pinheiro, director d´ACentral Folque, que produciu a película.
    17 min
  • A crónica deportiva 28-11-2023
    Chega a penúltima xornada da fase de grupos de Liga de Campións e o FC Barcelona e o Atlético de Madrid aínda teñen que facer os deberes para se clasificar. No fútbol, recuperamos o máis destacado da entrevista do director xeral do Racing en Ao contrataque, onde Carlos Mouriz asegurou que non queren vender a Carlos Vicente. E na Coruña fixámonos nas informacións que sinalan a Paco Jémez como posible futuro adestrador do Deportivo.
    26 min
  • Diario cultural 28-11-2023
    “O artista é unha ferramenta da súa sociedade” afirmaba Leopoldo Nóvoa. O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra retrospectiva “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”.
    15 min
  • Diario cultural 28-11-2023
    Deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos.
    Con Dolores Vilavedra lembramos a figura d’O Hematocrítico e falamos de teatro: ‘Síbaris’, obra póstuma de Domingo Villar para Galaxia.
    31 min
  • O Hematocrítico: un repaso da súa figura
    Deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos.
    20 min
  • Diario cultural 28-11-2023
    Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxeccións durante esta semana. Conversamos co cineasta e con Ramom Pinheiro, director d´ACentral Folque, que produciu a película.
    Mónica Maneiro fálanos de Helmut Newton, fotógrafo de moda a quen está adicada a terceira exposición da Fundación Marta Ortega Pérez.
    30 min
  • As novidades de Barahúnda, Ailá e Leilía
    Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades