Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 22-11-2023
    Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, ‘Furia’, premio Jules de Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela ‘Cobiza’ e que culminará en 2024.
    30 min
  • A crónica deportiva 21-11-2023
    Óscar Mingueza repasa na TVG a situación do Celta e revela que aproveitando a parada polas seleccións estiveron insistindo no traballo en defensa. No baloncesto, atendemos a Veljko Mrsic na véspera da Liga de Campións e, no ciclismo, Ezequiel Mosquera anuncia que O Gran Camiño terá sorpresas no percorrido e que os grandes equipos agora chaman para participar na volta.
    28 min
  • Diario cultural 21-11-2023
    A Casa do Cabildo de Compostela acolle ata o próximo febreiro a mostra “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas”, que recolle proxectos non executados na historia compostelá. Falamos co historiador e xornalista Fernando Franjo e coa historiadora da arte Ana Paula Castro.
    Dolores Vilavedra tráenos a obra gañadora dos XL Premios Xerais de Novela. Trátase de ‘Ninguén contará a verdade’, escrita por Pedro Feijoo para Xerais.
    30 min
  • Diario cultural 21-11-2023
    “Segue a ser un tabú falar das enfermidades mentais graves”. O corpo de Cristo, a novela gráfica de Bea Lema, seleccionada para o premio do Festival Internacional de Cómic de Angouleme. A autora traballa na adaptación da obra a curtametraxe de animación.
    15 min
  • Diario cultural 21-11-2023
    Entre 1960 e 1974 uns 240.000 galegos e galegas emigraron ao Reino Unido. A exposición ‘As xeracións do Montserrat’ recolle testemuños e obxectos daquela emigración, co fío condutor do transatlántico Montserrat, un dos barcos que realizaba a viaxe entre o porto da Coruña e as illas británicas. O escritor e xornalista Xesús Fraga é o comisario da mostra, promovida polo Consello da Cultura Galega, que pode visitarse no Kiosko Alfonso da Coruña ata o 14 de xaneiro.
    Mónica Maneiro comenta a mostra da galería compostelá Patio de Luz, na que participan os artistas Iago Eireos, Manuel de la Rosa, Montse Rego, Ruth Vidal e Tuset.
    30 min
  • A crónica deportiva 20-11-2023
    Recuperamos o sobranceiro da entrevista de Gabri Veiga coa TVG, na que o canteirán do Celta di estar moi a gusto na liga árabe. Na Segunda, escoitamos as valoracións no Racing tralo 1-1 co Burgos na casa e, na 1ª RFEF o desgusto do deportivismo contrasta coa ledicia do Lugo e do Celta Fortuna.
    28 min
  • Diario cultural 20-11-2023
    A cuarta edición das Xornadas Artesanía no Prato quere consolidar a alianza entre os artesáns galegos e a alta gastronomía. 31 obradoiros de madeira, cerámica, forxa, cestería ou téxtil están presentes no encontro, no que tamén participan cociñeiros como Lucía Freitas.
    A ciencia pode ser unha sinfonía que se constrúe entre moitos e ao longo do tempo seguindo o método científico. O café cósmico de Estíbaliz Espinosa une hoxe música e ciencia, para falar de Kepler, científicos disonantes e o libro La lira desafinada de Pitágoras, de Almudena Martín Castro, gañador dun dos premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica.
    30 min
  • Diario cultural 20-11-2023
    “Cando se ven en continuidade poden parecer as mesmas músicas”. Luís Soto presenta Haydn en Guláns, o novo proxecto musical de Fisión Atlántica Ensemble, xunta catro cuartetos para frauta e trío de cordas do compositor austríaco coas danzas de Reis de Guláns.
    15 min
  • Diario cultural 20-11-2023
    El Muelle 1931 é unha nova tenda de vinilos, cassettes e publicacións en papel que podemos atopar no número 57 da Rúa de San Pedro en Compostela. Pablo Iglesias e Lorena Durán son os responsables desta tenda que aposta pola cultura, pola arte, o underground, a ilustración e os fanzines e tamén por converter o espazo nun lugar de encontro e intercambio cultural que presta atención especial á produción local e a contemporaneidade. Vituco achegouse ata a a tenda a falar con Pablo e con Lorena e isto foi o que lle contaron.
    Emilio Españadero tráenos un evento que nos leva ata Vigo. O Festifolc 2023 organizado pola Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá celébrase esta fin de semana cunha programación na que aparecen grupos como Sete Cuncas, Noitarega ou Os Escaravellos.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades