Todos os podcast | A lista negra

Todos os podcast | A lista negra

By AGalegaAudioMusic
Download on the App Store

Todos os podcast | A lista negra episodes

  • Versos soltos
    A Lista Negra despídese despois de dúas temporadas glosando os grandes nomes da historia do blues. Nesta derradeira entrega lembramos aquelas figuras que trascenderon os distintos estilos rexionais e merecen un lugar destacado polo orixinal da súa achega, dende Mississippi John Hart a Louis Jordan, dende Lightnin' Hopkins a Albert Collins.
    1 hr 2 min
  • Chicago blues
    Repaso polos artistas máis destacados da variante urbana dos bluesmen de Chicago, con Muddy Waters como figura senlleira.
    Este estilo é o resultado da Gran Migración Afroamericana de traballadores pobres do sur dos EEUU a cidades industriais do norte durante a primeira metade do século pasado.
    1 hr
  • Pioneiros do Blues
    Primeiro dos catro programas especiais cos que imos despedir A Lista Negra. Comezamos cos pioneiros, cos artistas que axudaron a definir as distintas variantes do xénero. De Blind Lemon Jefferson a Bessie Smith. De Charlie Patton a Robert Johnson.
    1 hr
  • Gary Moore
    Robert William Gary Moore foi un dos derradeiros heroes da época dourada dos guitarristas. Educado no blues, chegou ao estrelato coma intérprete de hard rock antes de volver ás súas raíces nun dos puntos de inflexión máis brillantes xamais acometidos por un artista. Ademais, no programa desta semana escoitamos a Pauliña.
    1 hr
  • Canned Heat
    Ningunha banda americana representa o amor polo blues tanto como Canned Heat. Naceron a mediados dos anos 60 en California, a partir da unión de dous músicos e estudosos do xénero.
    Pola formación, aínda en activo, pasaron ducias de instrumentistas que gravaron uns cantos álbumes fabulosos e axudaron a reimpulsar a carreira de mitos como John Lee Hooker.
    No programa desta semana escoitamos ademais os vigueses Spoonful.
    1 hr
  • Alexis Korner
    A Lista Negra incorpora hoxe a quen, con permiso de John Mayall, podemos considerar o pai do blues británico. Alexis Korner, mestre dos primeiros Rolling Stones e cabeza visible dos míticos Blues Incorporated, foi un comunicador multidisciplinar ademais dun músico de formación exquisita. Tamén reivindicamos un dúo histórico con pouso blueseiro: Transportes Hernández & Sanjurjo.
    1 hr
  • Blues para o Día da Nai
    A Lista Negra celebra o Día da Nai con colosos coma BB King, Eric Clapton, Sister Rosetta Tharpe, JJ Cale, Howlin 'Wolf ou Johnny Winter.
    1 hr
  • Joe Bonamassa
    Joe Bonamassa foi teloneiro de BB King cando tiña apenas 12 anos. Ese precedente, que na súa dilatada carreira non deixa de ser unha anécdota, dá xa unha idea do seu talento. Bonamassa é un artista total, activo en varios proxectos paralelos, embarcado en xiras que son sempre un desafío. Joe é un renovador do blues que ao tempo reivindica os clásicos.
    Tamén escoitamos a Madame Bird, banda formada por músicos galegos curtidos en distintos grupos.
    1 hr
  • Peter Green
    Peter Green é un dos mellores guitarristas na historia do blues británico. Alumno avantaxado de John Mayall, pasou polos seus Bluesbreakers para despois fundar e liderar a etapa inicial dunha banda tan esencial como Fleetwood. Escoitamos tamén os vigueses Booty Sweat.
    1 hr

About Todos os podcast | A lista negra

From the publisher's feed

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición…