Todos os podcast | A lista negra

Todos os podcast | A lista negra

By AGalegaAudioMusic
Download on the App Store

Todos os podcast | A lista negra episodes

  • Furry Lewis
    Walter E. "Furry" Lewis foi un dos primeiros bluesmen que acadou o éxito hai un cento de anos. Tras un prolongado período de retiro, voltou á música ao abeiro do revival folk dos 60.
    Tamén escoitamos os vigueses The Showbinhas Experience.
    1 hr
  • Mike Bloomfield
    Mike Bloomfeld é un dos paradigmas do malditismo. Tomou parte na tortuosa gravación do célebre Like A Rolling Stone de Bob Dylan, a quen acompañou tamén na súa moi controvertida primeira actuación eléctrica en 1965. Despois pasou por bandas como a Paul Butterfield Blues Band e The Electric Flag. Bloomfield tiña tanto talento coma Jimi Hendrix, non morreu tan novo pero tamén se perdeu no abuso de certas substancias. E non chegou a despegar. No programa desta semana escoitamos tamén o dúo poetico-musical Aldaolado, que comparten as escritoras María Lado e Lucía Aldao.
    1 hr
  • Jesse Fuller
    O músico de rúa por excelencia, o home orquestra, ese é o noso protagonista da semana. Jesse Fuller, que era quen de tocar a un tempo a guitarra, a harmónica, o kazoo e un curioso invento seu que servía para dar as notas de baixo co pé e que deu en chamar footdella. Ademais escoitaremos todo un trovador galego, Roger de Flor.
    1 hr
  • Taj Mahal
    Esta semana o protagonista na Lista Negra é  Henry St. Claire Fredericks jr , que escolleu o nome artístico de Taj Mahal en homenaxe ao labor pacifista de Mahatma Gandhi. Mahal é un dos grandes innovadores do blues do último medo século, xénero que soubo combinar coa música caribeña, o jazz, o soul ou o reggae. Neste episodio tamén escoitamos a banda coruñesa Big Bottom Band, unha das primeiras que se achegaron ao blues en Galicia.
    1 hr
  • JJ Cale
    John Weldon 'JJ' Cale é un dos fundadores do Tulsa sound, un estilo musical que bebe do rockabilly, do country e do jazz pero tamén, en boa medida, do blues. Cale foi un artista de artistas. Escribiu grandes cancións que outros fixeron famosas e sempre mantivo un perfil baixo, alleo aos excesos das estrelas.
    E do panorama do noso país, outro guitarrista con referencias de distintos xéneros, David Regueiro.
    1 hr
  • Big Joe Williams
    Joseph Lee Williams, coñecido como Poor Joe ou Big Joe Williams, foi un cantante e guitarrista de blues norteamericano. Nado en Crawford, Misisipi, en 1903 e falecido en1982
    1 hr
  • Paul Butterfield
    Liderou a Paul Butterfield's Blues Band, pola que pasaron dous ilustres da guitarra como Mike Bloomfield e Elvin Bishop.
    Paul, virtuoso da harmónica e curtido no gueto negro de Chicago, formou anos máis tarde outra banda igualmente reivindicable, Better Days.
    Neste programa tamén a última gravación do coruñés David LH.
    1 hr
  • Otis Spann
    Otis Spann foi o pianista de referencia nos anos dourados da escena blues de Chicago trala Segunda Guerra Mundial. Durante máis dunha década, Spann exerceu de escudeiro de Muddy Waters, o gran baluarte do xénero.
    Hoxe detémonos na súa propia traxectoria como solista e escoitamos a banda carballesa The Cerne.
    1 hr
  • Bonnie Raitt
    Bonnie Raitt é moito máis ca unha cantante e guitarrista de blues pero, sobre todo, é unha fabulosa cantante e guitarrista de blues. Raitt ten ás súas costas unha dilatada carreira na que non sempre as boas críticas foron da man das vendas de discos.
    Ela é a protagonista esta semana nun programa no que tamén escoitamos o último dos coruñeses Smooth & The Lone Wolves.
    1 hr
  • Frank Stokes
    Curtido en espectáculos ambulantes desde moi novo, Stokes tiña dotes para a comedia ademais de ser un músico competente.
    Foi un un profesional nunha época de artistas de andar por casa e acabou erixíndose no primeiro baluarte do que se coñece como Memphis blues.
    No programa desta semana tamén escoitamos o monfortino Carlos Childe en directo desde Nova Orleáns.
    1 hr

About Todos os podcast | A lista negra

From the publisher's feed

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición…