Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Cen anos da arracada de Vilar de Santos
    “É u nha peza excepcional” César Llana, director do Museo arqueolóxico de Ourense.
    Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos
    Esta tarde, no salón multiusos do consistorio haberá unha xornada dedicada a esta alfaia do noso patrimonio castrexo e tamén se procederá a entregar unha arracada de honra á familia do seu descubridor
    13 min
  • Catro estreas galegas
    Tito Lesende pica novas cancións de proxectos musicais galegos de diferentes xéneros. Do 'Tradi' de Budiño á colaboración de Caamaño &Ameixeiras con Rodrigo Cuevas en 'Catro cousas', pasando por 'Déjà vu' de Dios ke te crew e 'Inercia, parte III' dos John Deeres.
    13 min
  • Pava convértese en banda con 'Pava 3'
    O proxecto musical de Lucía Aldao é xa un grupo, o que asina e interpreta as cancións deste terceiro traballo, 'Pava 3', con títulos tan suxestivos como 'Catastro', ' O himno da lesión' ou 'Tremendamente coquetas'.
    A presentación en directo será o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña
    15 min
  • 'Cónclave' e 'Un lío de millones'
    Moncho Lemos recomenda dúas películas para a fin de semana:
    ‘Cónclave’, de Edward Berger, un thriller ambientado no Vaticano con Ralph Fiennes de protagonista.
    ‘ Un lío de millones’, comedia española de enredo dirixida por Susan Béjar.
    11 min
  • Arranca a XIX edición de Rebulir
    “Buscamos o abrazo das culturas”
    Arranca en Ourense o Festival Internacional Rebulir, que chega a súa edición número dezanove e, o seu directorAlexandre Sotelino, dános tódalas claves.
    O FIR 2024 é un espazo de convivencia intercultural con vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa.
    Entre os premiados deste ano, a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas, que preside Xaneco Tubío: “estamos moi agradecidos”
    15 min
  • BD en feminino plural
    Manel Cráneo analiza o aumento de autoras de banda deseñada e recomenda obras de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores ou Ana Moreiras
    31 min
  • Visitamos o coro orixinal do Mestre Mateo
    "Conseguimos moito, pero aínda queda traballo arreo".
    Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal de  KosmoTech_1200
    15 min
  • 'Ao meu pai'
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Ao meu pai', que o artista Teo Soriano expón na Galería Vilaseco da Coruña.  A exposición homenaxea o proxenitor do artista, defensor do legado artístico de Soriano desde o grave accidente que sufriu, e inclúe 12 obras, seleccionadas pola directora de Vilaseco, Miriam Pérez, e o artista Álvaro Negro. 'Ao meu pai' pode visitarse ata o 21 de febreiro.
    9 min
  • Os corpos fráxiles
    Dolores Vilavedra comenta ‘Os corpos fráxiles’, de Sofía Ruvira.
    A primeira novela da autora trata da relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.
    12 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube