Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Tocan panxoliñas!!!
    “Para que unha tradición siga viva ten que ser do pobo”. Conversamos de panxoliñas con Gustavo Couto: do tradi ao rock pasando polos clásicos angloxasóns.
    16 min
  • 'Ben mantidos'
    Dolores Vilavedra comenta e recomenda ‘Ben mantidos’, de Xabier Castro Pérez. Un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía, dende o cocido e o caldo ata o polbo ou as empanadas.
    12 min
  • A Gramola Gominola
    Xa vén o Apalpador!
    A Gramola Gominola presentan o libro-disco e tamén espectáculo ‘O Nadal da avoa Fina’. Paula Romero e Anxo Sánchez debullan connosco os temas rockeiros para toda a familia que fan parte deste novo traballo.
    14 min
  • Chelo Loureiro e Ana Vallés, medalla de ouro das Belas Artes
    Chelo Loureiro, medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes ”É un recoñecemento inesperado para todo o audiovisual galego”.
    O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destaca o traballo da cineasta á fronte da produtora Abano, que fundou en 2007. Chelo Loureiro xa ten catro premios Goya e na edición do ano que vén optará ao quinto pola curta "Lola, Lolita, Lolaza", de Mabel Lozano.
    Cómpre salientar que, entre as 38 personalidades e entidades da cultura distinguidas polo Goberno con este recoñecemento, está a tamén ferrolá Ana Vallés, dramaturga, directora de escena, bailarina, actriz e poeta visual
    10 min
  • Cantares e contares
    Escolmando na memoria sonora: a importancia da oralidade.
    A banda de música tradicional Tres Pesos (Pepe de Calo, Xoán Porto e Felisa Segade) tocan e cantan no Diario Cultural pezas do seu disco novo ‘Cantares e contares’.
    19 min
  • Sun Iou
    Carlos Crespo tráenos a Sun Iou, rock melódico de raíz en feminino desde o barrio vigués de Teis. E unha estrea en primicia...
    11 min
  • Lecturas de Nadal con música
    Eva Mejuto tráenos lecturas musicais para este Nadal. Cantacontos de Nadal converte catro panxoliñas en historias ilustradas por Fernando Martín. Agora que vén a noite, de Marcos Calveiro, conta unha historia adolescente de acoso e redención
    que formará parte do espectáculo 'Axudádeme a cantar', creado por Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes de Leilía.
    9 min
  • Concertos de Nadal
    Opcións para desfrutar de música en directo de diferentes xéneros durante as festas. Músicos de rock vigueses promoven o concerto 'Wonder Christmas', Carlos Núñez leva a súa xira de Nadal por Ferrol, Pontevedra, Vigo e A Coruña e Fisión Atlántica unen a música de Haydn, as danzas de Reis e a prosa de Suso de Toro.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube