Raquel cóntanos como evolucionaron os xoguetes dende a prehistoria ata agora explicando cales eran os máis populares en cada época, cando comezou a industrializarse a súa produción ou cales eran os máis comúns en Galicia.
Falamos de arte téxtil con Sara Coleman, que explora este ámbito como artista e deseñadora e tamén como docente e investigadora. Publica o ensaio 'Espacios textiles: Habitando la interfaz', que propón unha lectura complexa da relación corpo espazo a través da interfaz téxtil.
Dolores Vilavedra fálanos de "Lampíricos (Diarios 8)" un libro de poemas de Antón Lopo publicado en versión bilingüe traducida por Ismael Ramos pola editorial Letraversal.
Moitos pais están pensando en que entre os agasallos dos Reis para os pequenos da casa haxa tamén libros. Eva Mejuto fainos varias propostas: "Nadalario", de Rena Ortega; "Soño de neve", de Eric Carle; e o calendario de Rosa de Cabanas "O mundo na cabeza".
A valenciá Sandra Gómez presentou dias atrás en Vigo o seu espectáculo de danza contemporanea "Cousas que soan". Afonso Becerra descríbenos esta peza que pon o foco na sonoridade da relación entre persoas e obxectos.
Moncho Lemos fálanos de "Herexe", unha película de terror de Scott Beck e Bryan Woods, cunha loubada interpretación de Hugh Grant. Tamén comentamos "A luz que imaxinamos", unha produción india, premiada en Cannes, e que opta aos Glovos de Ouro.
anzarote' recolle parte do traballo que o fotógrafo Jesús Madriñán realizou nesta illa canaria durante 2024. Unha mirada á identidade do lugar no que conflúen persoas migrantes e turistas, a través de imaxes e bodegóns elaborados con residuos. A mostra pode visitarse ata o 31 de xaneiro na Galería Trinta de Santiago.
10 min
About Todos os podcast | A penaltis
From the publisher's feed
O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube