Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A vertente infantil de Bernardino Graña
    O compromiso do recentemente falecido Bernardino Graña coa divulgación do idioma galego levouno a escribir unha morea de obras para o público infantil. Eva Mejuto fai unha escolma para nós e comenta: "Lobísimo do saco", "Tragaxán e Tragandiño", "O quirico lambón" e "Rata Linda de Compostela"
    11 min
  • O último número de Erregueté
    Xa está dispoñible o último número de Erregueté, a Revista Galega de Teatro. O seu director, Afonso Becerra, debúllanos o seu contido, no que encontramos entrevistas a Marta Pazos, Manuel Lourenzo ou María Vázquez, reportaxes sobre a maga Aldara ou o circo de Pinocho e información sobre a ópera que se produce en Galicia.
    10 min
  • "The Brutalist"
    Moncho Lemos comenta a estrea en salas de "The Brutalist", a película de Brady Corbet na que Adrien Brody interpreta un arquitecto húngaro que fuxe do holocausto e tenta gaña-la vida nos Estado Unidos. A cinta, que dura tres horas e media, aborda os puntos escurros do denominado "soño americano"
    11 min
  • Popeye xa é "dominio público"
    Pronto veremos nos cines a película "Popeye the slayerman". Os dereitos de explotación da popular personaxe xa expiraron e iso permite que calquera creador a utilice. Manel Craneo fálanos desta cuestión legal.
    10 min
  • "Melancholy Moon"
    Mónica Maneiro comenta a exposición "Melancholy Moon", da compostelá Haya Blanco na galería Metro. A mostra explora novas formas de representar e conceptualizar a contorna natural e urbana a través da pintura cunha estética infantil e evocadora.
    11 min
  • "O enxoval da noiva"
    "O enxoval da noiva", publicada en 1988, é unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes. Galaxia acaba de reeditar esta parábola sobre a fin dos tempos inspirada na voda de Lucrecia Borgia. Dolores Vilavedra fala dos novos significados que adquiriu a obra co paso dos anos.
    14 min
  • Unnatural e Rottentown
    Falamos de duas bandas cun denominador común, a prenza dunha muller entre os seus compoñentes. Unha delas, Unnatural, xa está disolta. A súa baterista era a ourensá Sonia Albor. O outro grupo, Rottentown, segue dando guerra en Ferrol coa súa cantante Audrey Lutwidge.
    11 min
  • Todo el largo verano
    O grupo ferrolá de pop Todo el largo verano presenta novo disco, unha colleita de cancións dos últimos anos reunidas co título "Cabos sueltos". Carlos fala co alma mater desta formación, Alberto Amigo.
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube