Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Menú do Día, do colectivo CBV
    Foi unha coprodución e estrea da Mostra de Teatro de Cangas e andou de xira dentro do ciclo “Liberdade de ser e sentir” da Deputación da Coruña.
    Trátase dunha proposta escénica inusual porque trenza varias escenas en clave de “performance”, nas que a realidade adquire unha factura plástica e poética para denunciar, de maneira clara, a falta de respecto aos dereitos humanos na nosa contorna, supostamente civilizada.
    O propio Alberte Bello, en 2021 recibiu unha malleira ao grito de “maricón”. Ese foi o xérmolo que, tempo despois, lle fixo reaccionar facendo un espectáculo contra os discursos de odio e as violencias directas sobre as persoas LGTBIQ+
    Porén, trátase dunha abordaxe na que a poesía e a contundencia das accións escénicas, se mesturan tamén con humor e tenrura, facendo que, non só desfrutemos da proposta, senón tamén que percibamos o importante que é o respecto pola diversidade e pola liberdade de ser e sentir.
    10 min
  • "Mikaela" e "La acompañante"
    Moncho Lemos comenta dúas estreas:
    -”Mikaela”, de Daniel Calparsoro. Unha nevarada sen precedentes, unha autoestrada colapsada, un grupo de atracadores asalta un furgón blindado...e unha parella de policías. 
    “La acompañante”, de Drew Hancock,  un thriller tecnolóxico que indaga no terror das intelixencias artificiais,
    13 min
  • Ariel
    “É un proxecto que mestura teatro e natureza entre Galicia e Azores”. O director vigués Lois Patiño estrea a súa cuarta película, «Ariel», no Festival Internacional de Cine de Rotterdam. A fita está atravesada por Shakespeare e a falta de libertad e conta no reparto con Irene Escolar.
    12 min
  • A banda da Loba entrégase ao 'Lovismo'
    Conversamos con Andrea e Marcela Porto, as dúas irmás que forman a sección rítmica d´A Banda da Loba. O grupo acaba de publicar o seu quinto disco, 'Lovismo', un traballo que explora o amor nas súas diferentes formas, con músicas que van do pop á bachata. 'Lovismo' preséntase en directo na sala Capitol de Santiago o 1 de febreiro.
    15 min
  • O mosaico de Panxón
    “Non hai fotografía que lle faga xustiza”.Os arqueólogos Benito Vilas e Gustavo Pascual falan así do Mosaico de Panxón, que poderá admirarse na casa consistorial de Nigrán a partir do 7 de febreiro logo dun longo periplo polo mundo.
    Trátase dunha peza arqueolóxica extraordinaria do século III, única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico.
    17 min
  • Resaca Emocional
    Carlos Crespo lévanos de ‘Resaca emocional’, co tema en primicia “Ondas sonoras de Xúpiter”.
    RSK é un colectivo conformado por artistas do mundo da música e das artes visuais, técnicos incluídos, no que a idea de comunidade é a chave do proxecto.
    13 min
  • Viaxamos á Idade Media
    Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea da época altomedieval, na zona de Penedo Xudío.
    O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visigoda da que se sabe por unha moeda de ouro alí acuñada.
    Tamén descubriron media ducia de enterramentos situados a menos de 500 metros da zona de vivendas.
    15 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube