Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Por que non está 'lubre' no dicionario?
    Luar na Lubre pediranlle á RAG que incorpore esta palabra   
    O grupo Luar na Lubre vai pedirlle á RAG que inclúa 'lubre' no seu Dicionario. Bieito Romero explica como escolleu o nome para a banda e Manuel González, director do Dicionario,
    debulla os criterios da Academia para incorporar novas palabras.
    18 min
  • "Runrún"
    Dolores Vilavedra comenta “Runrún”, de Ana Varela. A novela fala dos coidados e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello.
    12 min
  • Siro López: 40 anos de autonomía en viñetas
    “Foi unha etapa moi grata que agora botamos en falta”.
    40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López.
    Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas publicadas en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006
    12 min
  • Groba, Yeol Eum Son, Cuarteto Hana
    Pablo Sánchez Quinteiro lembra a Rogelio Groba, finado hai 2 anos e homenaxeado pola Orquestra de Cámara Galega. Avanzamos ademais o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia que terá como solista a pianista surcoreana Yeol Sum Son e a actuación 
    do Cuarteto Hana na programación da Sociedade Filharmónica da Coruña.
    31 min
  • Fernando Blanco: 50 anos de arquitectura
    A Fundación Luís Seoane acolle a exposición 'Fernando Blanco. Paisaxe. Conciencia. Fábrica', que percorre as cinco décadas que o arquitecto carballiñés lle dedicou á arquitectura, pero tamén recolle algunhas das súas pinturas e esculturas.
    Conversamos co propio Fernando Blanco e mais con Luis Gil Pita, un dos responsables da publicación que completa a mostra, que pode visitarse ata o 13 de abril.
    31 min
  • Leria
    Carlos Crespo tráenos a Leria, un cuarteto de rapazas coruñesas que fan indie pop en galego.
    31 min
  • Adeus a Xosé Vizoso
    “Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso.
    O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC, e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva.
    O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica. Seus son tamén, entroutros, o cartel do Centenario do Celta de Vigo, os das festas das San Lucas ou o bonito de Burela.
    Ceramista e cartelista prolífico, era retranqueiro e xeneroso. “Case tódalas casas teñen obra del sen sabelo”. Alberto Guitián, comisario da exposición ‘O neno que debuxou un cabalo’ na Cidade da Cultura, co gallo do Día da Ilustración, este ano dedicado a Vizoso.
    31 min
  • Artistas e cantareiras
    Lemos con Eva Mejuto 'Galegas nas artes' e 'Canta, miña compañeira'
    Dúas lecturas que teñen que ver coa creación artística das mulleres. 'Galegas nas artes' é un percorrido polas biografías de 21 artistas plásticas e visuais, e 
    'Canta, miña compañeira' de María Lado revisa o legado das cantareiras no ano no que se lles dedica o Día das Letras
    31 min
  • 'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro
    A nova montaxe de Ibuprofeno Teatro narra a vida do pai de Santiago Cortegoso, un dos 1.600 traballadores do asteleiro Ascón que quedaron na rúa en 1984.
    Oito intérpretes dan vida aos protagonistas da historia, que inclúen políticos e celebridades da época, a través dunha charanga que lle pon banda sonora en directo.
    O espectáculo estréase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña os días 7 e 8 de febreiro. Ao longo deste mes tamén haberá funcións en Moaña, Carballo e Vilagarcía.
    A xira de 'Reconversión' pasará máis adiante por Cangas, Ourense, Lugo, Vigo e Narón entroutras localidades.
    31 min
  • Fado Alexandrino
    Con Afonso Becerra achegámonos á obra teatral “Fado Alexandrino”, adaptación da novela sobre a Revolución dos Cravos do escritor portugués António Lobo Antunes.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube