Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • XIV GUIdance
    Afonso Becerra comenta a  14ª edición do GUIdance, o Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães, que abriu cun espectáculo de flamenco simbolista de Rocío Molina sobre a “outredade”.
    31 min
  • A danza dos medos
    “Son títeres de animación á vista cos que rompemos a cuarta parede”
    Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de luces na montaxe.
    15 min
  • De Amoebo a Tanxugueiras
    Tito Lesende pica novas cancións de Amoebo, Agoraphobia, Gala i Ovidio e Guadi Galego & Tanxugueiras
    Catro novísimas cancións galegas no repertorio semanal de Tito Lesende. Escoitamos 'Unha foto', último adianto do próximo disco de Amoebo, a recentísima estrea
    de 'Eyes never lie', de Agoraphobia, a estrea do proxecto Gala i Ovidio, de Aida Tarrío e Raül Refree e mais 'Inconformismo', a colaboración de Guadi Galego e Tanxugueiras.
    11 min
  • Resaca Emocional estrea 'De amor' en San Valentín
    Berto Mira e Ash Diz preséntannos o primeiro disco de Resaca Emocional, un colectivo de nove persoas que se encargan de diferentes aspectos creativos.
    'De amor' é un disco que explora diferentes formas do amor desde a vulnerabilidade e a intimidade e publícase este 14 de febreiro, día de San Valentín.
    17 min
  • "Bridget Jones: loca por él" e "Vermiglio"
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana:
    - “Bridget Jones: loca por el”, de Michael Morris. Cuarta entrega da comedia romántica protagonizada por Renée Zellweger .
    - ”Ventimiglio”, de Maura Delpero. Drama de época ambientado nunha aldea de montaña dos Alpes italianos a finais da Segunda Guerra Mundial.
    12 min
  • 'Daydreaming', de María López
    "Gustaríame poder dedicarme á música pero estudo unha enxeñería porque vivir da arte é moi difícil”
    A naronesa María López preséntanos o seu álbum debut, Daydreaming, que se publica mañá.
    Multiinstrumentista precoz (piano, zanfona e gaita) aos 14 anos gaña a XXXIV edición do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient. Agora, con 20, di estar vivindo un soño.
    15 min
  • BD social: Baudoin & Troubs
    Manel Cráneo comenta a novela gráfica 'Humanos. A roya é um rio', unha novela gráfica documental sobre o colectivo Roya, que axuda a persoas migrantes que intentan entrar en Europa.
    Foi publicada en galego en 2019 por Figurandorecuerdo(s).
    11 min
  • 'Súbete ao EVA', terceiro disco de Filloas
    Conversamos con Iago Galego sobre o novo disco de Filloas, o proxecto musical que botou a andar en 2022. O último traballo titúlase 'Súbete ao EVA', hyperpop cheo de referencias aos videoxogos, ao anime, e a reflexións ssobre saúde mental e o paso do tempo, ademais de revisitar algúns dos temas do seu primeiro disco.
    16 min
  • Arte con fermentos lácteos
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Alguien nos entenderá cuando estemos muertos', a primeira colaboración de Carlos Fernández-Pello coa Galería Nordés.
    A mostra inclúe pezas creadas polo artista canda un artesán queixeiro e tamén pinturas acrílicas a partir de follas de táboas de datos.
    9 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube