“Estou moi contenta e agradecida”
Parabenizamos á script Encarna Alonso, premio de honra dos Mestre Mateo do audiovisual
Vinculada ao sector dende hai preto de 40 anos, é un referente no seu oficio, centrado en garantir a continuidade, coherencia e fidelidade do relato visual e narrativo nas producións de cinema e televisión .