Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Voces da BD: Neves Rodríguez
    Neves Rodríguez é comunicadora, actriz, autora do poemario 'Cuspindo miserias' e unha gran lectora de BD.
    Manel Cráneo convídaa a contarnos como empezou a ler cómics, a facer recomendacións e a explicar a súa
    experiencia no podcast sobre BD 'Metrópoles delirantes'.
    14 min
  • 'Delincuente'
    Nuria Vil preséntanos 'Delincuente', unha curtametraxe de ficción a partir dun poema inspirado por Xela Arias e por 'La Maradona', a líder dunha banda xuvenil no Vigo dos oitenta.
    'Delincuente', dirixida por Alba Domínguez, proxéctase o 26 de febreiro nos Multicines Norte de Vigo e o 29 de marzo na Coruña, na Filmoteca de Galicia.
    12 min
  • As filloas sonche o máis!
    Raquel C. Pico pescuda nas orixes das filloas. Sabiades que hai séculos foron moeda de cambio? E que ata chegou aos tribunais un intento de asasinato con filloas envelenadas?
    15 min
  • Favoritas aos María Casares
    “Exploramos os límites actorais e narrativos” Ánxeles Cuña, directora de “O dragón de ouro” (Sarabela Teatro), favorita para a edición deste ano dos Premios María Casares, con 14 nominacións.
    E con 12, ‘Iribarne’ (Butacazero), de Esther Carrodeguas “Estamos moi contentos, está a ter moi boa acollida”.
    14 min
  • Compostela, vista por Lara Pintos
    A artista coruñesa expón as súas pinturas sobre Santiago na galería Dupla
    Monica Maneiro comenta a mostra 'Lo que cabe en una almendra', na que a artista coruñesa Lara Pintos ofrece unha mirada poética e íntima sobre Santiago. 
    Pinturas que retratan rúas icónicas de Compostela fuxindo do monumental e tamén espazos interiores que reflicten a atmosfera da cidade.
    7 min
  • De Ninghures lévannos á 'Feira'
    Feira' é o segundo disco de De Ninghures e representa unha evolución moi significativa no son do grupo, baixo a produción de Juan de Dios. 
    O novo traballo preséntase ao vivo na sala Capitol de Santiago o xoves 13 de marzo, con convidados do ámbito tradi e das músicas urbanas.
    21 min
  • ‘Domingo e outras historias’
    Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, quince relatos publicados entre 1934 e 1940 en revistas e anos despois reunidos nun libro que agora nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.
    11 min
  • Montedapena
    “É unha viaxe pola música pop”
    Montedapena, o proxecto en solitario do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta cun disco homónimo (Ernie Records) que promete non deixar indiferente a ninguén, con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar
    18 min
  • Unha galega na Filharmónica de Berlín
    Pablo Sánchez Quinteiro pon en valor o nivel da educación musical en Galicia co exemplo de Raquel Areal, unha violinista tudense que conseguiu praza na Orquestra Filharmónica de Berlín.
    No repaso á programación da Sinfónica e da Real Filharmonía de Galicia soan a Sinfonía nº 1 de Bizet e o Preludio á sesta dun fauno' de Debussy.
    12 min
  • Viñetas en cor de Pepe Carreiro
    A exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas publicadas por Pepe Carreiro no desaparecido Xornal de Galicia na primeira década deste século.
    Moitas delas incorporan cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de humorismo gráfico en xornais de Carreiro. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Cultura,
    pode visitarse ata o 6 de marzo no local de agrupación cultural Alexandre Bóveda da Coruña, na rúa santo André.
    13 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube