Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Dona Carme' e 'Números'
    Eva Mejuto proponnos un conto acumulativo e un libro sobre números
    'Dona Carme' é un conto popular acumulativo que levou ao papel Manuel Bragado con ilustracións de Iván R. 
    'Números' acaba de recibir unha mención especial nos Ragazzi Awards da feira do libro infantil de Boloña. Unha idea de Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, que propón un achegamento lúdico e familiar aos números, a través da estimulación do tacto e a vista.
    9 min
  • 'Non pasarán'
    Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, coa que andan de xira polo país. Mañá actúan en Ourense
    10 min
  • Rosalía é mundial
    Anxo Angueira debulla connosco as actividades que organizan este ano na honra de Rosalía, coa iniciativa 'Rosalía é mundial' para decatármonos de que a poeta de Padrón segue presente.
    O domingo será a xornada central canda os recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía
    31 min
  • De Budiño a Ruxe Ruxe
    Escoitamos con Tito Lesende música de Budiño, que o 27 de febreiro dará na sala Capitol de Santiago un concerto especial con convidados como Guadi Galego, Julián Hernández ou De Vacas.
    Tamén picamos o último single de Marián, o novo disco de Heredeiros da Crus e a Ruxe Ruxe, que continúan coa xira 'Pub Rock'.
    13 min
  • Nabiza Girl e a Cultura Minguante
    Sada acolle o domingo 23 de febreiro a estrea de 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante'. A superheroína interpretada por Isabel Risco enfróntase desta volta ao esmorecer da cultura galega.
    15 min
  • 'El mono' e 'Daniela Forever'
    Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo.
    Unha comedia de terror baseada nun relato de Stephen King e un drama romántico de ciencia ficción.
    12 min
  • ‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’
    “Paseime un pouquiño e da lenda negra cheguei á lenda rosa”
    ‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare.
    A obra inaugura unha nova entrega de Clásicas desfeitas (XII), o ciclo de coproducións do CDG e a Cidade da Cultura.
    16 min
  • O 'Sol Fuerza' volve en Vimianzo
    'Sol Fuerza' é o novo espectáculo da compañía aAntena, no que tres historias trenzan unha comedia sobre o futuro do planeta.
    Lucía Veiga, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez forman o elenco do espectáculo, dirixido por Xosé Leis, que se estrea o sábado 22 en Vimianzo.
    14 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube