Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Verter GZ
    Carlos Crespo tráenos aos lugueses Verter GZ. Miguel e Fiz definen o seu traballo coma unha mistura de diferentes xéneros con música electrónica e letras de humor
    15 min
  • Cada da vez lemos menos na nosa lingua
    "Fan falta políticas públicas a prol do libro en galego. A Xunta ten que facer máis"
    Menos do 4% das persoas lectoras fano en galego . Un dato alarmante que se tira da última enquisa sobre hábitos de lectura. Analizámola co autor e editor Manuel Bragado, Miguel Toval, (presidente da Asociación de Editoras) e Cielo Fernández (presidenta da Federación de Libreiros)
    14 min
  • Patas de Peixe e Verme Editora
    Eva Mejuto propón hoxe dúas lecturas de editoras galegas de LIX creadas por mulleres. Patas de Peixe, proxecto editorial creado pola tradutora Laura Sáez, publica Cono can e Gato cono, dous 
    álbums ilustrados das canadenses Sarah Howden e Carmen Mok. O título máis recente de Verme Editora, iniciativa de autoedición de Baia Fernández, é Caracol cara de col, que tamén incorpora un audiolibro.
    10 min
  • Chega aos cines a segunda película de Olga Osorio
    As viaxes no tempo volven ser protagonistas na segunda longametraxe de Olga Osorio. 'El secreto del orfebre' é unha historia de amor a destempo en tres períodos do século XX,
    con Mario Casas e Michele Jenner nos personaxes principais. Unha homenaxe ao cine que fai soñar que transita en paralelo á deconstrución da idea de amor romántico.
    17 min
  • 'Transeúnte'
    Afonso Becerra comenta ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez en colaboración co Centro Coreográfico Galego. Danza contemporánea que celebra a diversidade cultural, honra o pasado e abraza o futuro.
    14 min
  • ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’
    “A mostra articúlase en torno ao legado das nais”.
    O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a exposición ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’. Comisariada por Violeta Janeiro e Mariña Carrasco, reúne materiais gráficos, obxectos e documentación procedentes do arquivo e a hemeroteca da asociación das nais contra a droga, cadrando co seu 40 aniversario 
    Complétase coas creacións de 11 artistas arredor da estigmatización da muller en diálogo cos materais expostos.
    10 min
  • Talía Teatro estrea 'Un deus salvaxe'
    Talía Teatro estrea unha das obras máis exitosas da dramaturga francesa Yasmina Reza. 'Un deus salvaxe' disecciona os valores e contradicións da sociedade contemporánea a través de dúas parellas reunidas despois dunha pelexa dos seus fillos na escola. Cee acolle o 28 de febreiro a estrea da montaxe, que percorrerá no mes de marzo teatros de Bertamiráns, Carballo, Vimianzo, A Coruña, Santiago e Oleiros.
    30 min
  • Medea-mamá-monstro
    “É unha montaxe interactiva na que o público determina cal será o final da protagonista”.
    Medea–Mamá–Monstro chega ao ciclo Clásicas desfeitas na Cidade da Cultura.
    Nunha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show, Laura Porto e Helena Varela reúnen as pezas sobre Medea que deixaron Eurípides, a poeta Chantal Maillard e a novela de Christa Wolf para tratar de dilucidar quen foi realmente a muller baixo o mito.
    12 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube