Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A Coruña das mulleres
    “Está feito de xeito colectivo e cooperativo”.
    Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.
    13 min
  • Michu da Rocha
    Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha, o proxecto en solitario de Michu Malvar, que estrea no Diario Cultural o tema ‘Deputación’.
    11 min
  • 'A burra, a mesa e o pau'
    “O pensamento máxico da clase traballadora é moi interesante”
    “Hai moito lobo enmascarado”
    ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego.
    Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, quen desenvolve tamén a asistencia de dirección.
    No Salón Teatro de Santiago ata o 20 de abril
    17 min
  • Cinco lecturas para o 8M
    Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M:
    ‘A fotografía 51’, de María Canosa (Baia Edicións). Vida, dilemas e reflexións en primeira persoa da científicaRosalind Franklin
    ‘Eu tamén necesito amar’(O Faiado da memoria) Libro e documental de memoria oral sobre a muller na ditadura a partir de historias persoais.
    ‘Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX’ (Kalandraka). O legado de nove mestras conscientes da transcendencia humanizadora e cultural da educación. 
    ‘As benfaladas’, de María Xosé Porteiro, repasa como ao longo da historia se prohibiu ás mulleres expresárense na esfera pública. 
    ‘Feminismo de barrio’, de Mikki Kendall (Hércules edicións) Un ensaio sobre as eivas do feminismo branco prominente.
    8 min
  • "Influencers"
    Afonso Becerra comenta "Influencers", unha comedia da compañía Negro López que ofrece unha ollada divertida e reflexiva sobre a cultura que rodea a creación de contidos nas redes sociais
    12 min
  • Grande Amore, Alana e Víctor Aneiros
    No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Ademais, escoitamos 'Añobres', a nova canción de Alana
    e a nova versión de 'Un tute á morte' de Víctor Aneiros, que anuncia xira para maio en conmoración de 25 anos de carreira musical.
    10 min
  • 'Escándalo no escuro', segundo álbum de Amoebo
    Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, que inclúe cancións hedonistas e bailables e tamén pezas con solos de guitarras e temáticas máis reflexivas.
    O disco preséntase en directo na sala Garufa da Coruña con convidados como hydn, Filloas, French Riviera e integrantes de Leria e de Capital Voskov.
    19 min
  • 'Lee Miller' e 'Mickey 17'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas:
    * ‘Lee Miller’ o biopic dunha das primeiras fotógrafas de guerra, de Ellen Kuras
    * ‘Mickey 17’escrita e dirixida por  Bong Joon-ho .Comedia de ciencia ficción.
    11 min
  • 'Crear porvir'
    “No comezo o porvir era moi negro”
    Conversamos con Xosé Manuel Soutullo, director da Editorial Galaxia, co gallo dos primeiros 75 anos da empresa.
    Ao longo deste 2025 a editora pon en marcha a exposición itinerante «Crear porvir. 75 aniversario de Editorial Galaxia», que percorre a súa historia dende os inicios, en 1950, ata os nosos días.
    No Auditorio da Sede Afundación de Santiago de Compostela
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube