Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'A hierro', de Irene Grau
    Coñecemos a última mostra de Irene Grau en conversa coa artista e con Mónica Maneiro. 'A hierro' reúne pinturas cuxo proceso de creación ten que ver
    coa reflexión sobre a intervención humana nas paisaxes e o impacto ambiental da minería extractiva nos ríos. A exposición pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 16 de maio.
    10 min
  • Xabier Deive, Premio de Honra Marisa Soto
    A Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelle o premio de honra Marisa Soto a Xabier Deive, actor en múltiples producións audiovisuais e tamén no teatro.
    Recordamos o intérprete naronés coa súa filla, Irea Deive, e os intérpretes e amigos Ricardo de Barreiro e Paula Morado
    17 min
  • 'El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental'
    “Os akan identificaban o ouro co sol”
     Na Coruña pode visitarse ata xullo a exposición “El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental.” 
    Hai máis de 300 pezas orixinarias de Ghana  e  Costa de Marfil, propiedade dun coleccionista austríaco.
    Guíanos pola mostra o responsable de cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez.
    13 min
  • 'Poemas realistas'
    Dolores Vilavedra comenta "Poemas realistas" de Daniel Salgado, unha obra comprometida, de carácter fondamente social, que propón unha nova idea da beleza e a desolación.
    12 min
  • Dismal e Cruzeiro
    Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal en Galicia. Hoxe, cos pontevedreses Dismal, pioneiros do death metal no país, e mais 
    cos coruñeses Cruzeiro, que destacan no ámbito do stoner doom metal.
    11 min
  • Eris Mackenzie 2
    Carlos Crespo fálanos de Eris Mackenzie, o artista que versiona éxitos do pop español en galego pasándoos pola electrónica.
    5 min
  • Conversamos con gañadores dos Mestre Mateo
    “A ficción é moi importante para aprender a empatizar”.Debullamos con Moncho Lemos a festa do cine galego, que o sábado retransmitiu a TVG.
    Da gran triunfadora ,‘Rapa’, conversamos co seu director, Jorge Coira. Tamén con Sonia Méndez, premiada pola película ‘As Neves’ e con Zeltia Outeriño polo documental ‘Filmei paxaros voando’.
    24 min
  • Máis lecturas LIX para o 8M
    Eva Mejuto segue propoñéndonos lecturas feministas para o público infantil e xuvenil, hoxe no ámbito da banda deseñada. 'Erea e as agullas máxicas' é a ópera prima no ámbito do cómic de Sarai Lorenzo, publicada por Antela Editorial.
    'Basta! Guía de autodefensa feminista' é unha tradución ao galego do orixinal francés de Maria Kronsky e Marion le Muzic, publicada por Hércules.
    10 min
  • Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas
    “Entendo a profesión doutra maneira. Busco a sostibilidade”
    Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas
    Manuel Bouzas Barcala acaba de recibir o premio Princesa de Girona Arte 2025. O xurado concedeulle o galardón por unanimidade pola súa reflexión sobre "o poder transformador da arquitectura, o deseño de espazos cidadáns e a defensa da arquitectura e a sostibilidade". Este arquitecto pontevedrés nado en 1993 vive e traballa entre as Rías Baixas e Nova York, onde é profesor na Universidade de Cornell.
    7 min
  • ‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’
    Afonso Becerra comenta ‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ de Robert Wilson. Teatro de xeometrias e aparicións máxicas que empastan co pensamento dun Fernando Pessoa interpretado por María de Medeiros.
    8 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube