Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • «Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador»
    “Buscamos a maneira visual de percorrer a vida e obra do escritor”
    «Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» pode visitarse en Ferrol deica o 30 de abril no centro cultural que leva o seu nome. A exposición está comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra.
    A mostra inclúe copias orixinais das súas  novelas, primeiras edicións e fotografías, moitas delas tomadas por el.
    17 min
  • Estreas de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit
    Escoitamos con Tito Lesende 'Teño caldo quente', a nova canción de Mondra, segundo adianto do seu próximo álbum. Tamén temas recén saídos do forno de Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit.
    E recordamos as datas dos próximos concertos de De Ninghures e de Erin Mackenzie.
    14 min
  • Nicolás Muller en Galicia
    Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes deste fotógrafo documental nado en Hungría e nacionalizado español. 
    Fábricas de conservas, portos, lavadoiros aparecen nas imaxes, 34 delas inéditas, que retratan a Galicia traballadora dos anos 60 con mirada humanista.
    Escoitamos a súa filla, a tamén fotógrafa Ana Muller, e o comisario da mostra, José Ferrero.
    15 min
  • III
    Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión.
    Mañá no Torgal en Ourense e o sábado na Jagger de Lugo. E logo Murcia, Alacant, Madrid...
    18 min
  • Rosalía oculta nunha BD
    Paula Mayor, que gañou o premio Castelao con 'Rosalía oculta'
    Manel Cráneo preséntanos hoxe a gañadora do premio Castelao 2023, Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa obra 'Rosalía oculta'.
    11 min
  • Comeza a vixésima edición da MICE
    A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual,
    polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine
    Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que protagoniza a sesión inaugural da mostra, 'O carro e o home'.
    17 min
  • 'Ollos de vidro'
    “O diálogo entre vivos e mortos é un dos eixos da mostra”
    Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos.
    Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia deica o 25 de maio
    11 min
  • Citas coa clásica
    Pablo Sánchez Quinteiro debulla as citas desta semana coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.
    11 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube