Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • BD e literatura: Jaime Asensi na memoria
    Repasamos a traxectoria na BD do autor Jaime Asensi, finado no mes de febreiro. O arousán realizou adaptacións ao cómic de obras como Picnic, de Fernando Arrabal, ou o Ubú Rei de Alfred Jarry.
    Recordámolo con Manel Cráneo e compañeiros como Xan López Domínguez, Javi Montes ou Santy Gutiérrez.
    10 min
  • 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo'
    "Deberían reeditarse os discos de Bibiano"
    Carlos Rego publica unha biografía do cantautor e promotor
    'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' rescata a faceta musical de Bibiano Morón, máis coñecido nas últimas décadas pola súa faceta de promotor de concertos.
    Carlos Rego repasa a traxectoria musical do mozo compostelán que tocaba en grupos 'yeyé' e que despois foi membro de Voces Ceibes, publicou tres discos en solitario e enlazou a súa xeración coa da Movida viguesa.
    20 min
  • Arte contemporánea galega en Madrid
    “Levamos media ducia de artistas de Galicia” .Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea.Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO.
    Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid. “ Esta feira está orientada aos clientes particulares”
    19 min
  • ARCO e outras feiras
    ARCO comeza a súa 44ª edición con Nordés como única galería galega presente no programa xeral. 
    Repasamos con Mónica Maneiro o programa da feira pero tamén a presenza galega noutros eventos artísticos que se desenvolven esta semana en Madrid,
    como Art Madrid, Urbanity, Hybrid ou a exposición do artista pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez que acaba de inaugurar o Centro de Arte Dos de Mayo de Móstoles.
    11 min
  • 'As desterradas' soben a escena
    A compañía Excéntricas leva a escena 'As desterradas', a peza coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. O texto conta a resistencia das monxas bieitas
    do mosteiro de San Salvador de Albeos, cando a coroa de Castela e a xerarquía eclesiástica pretenden desposuílas dos seus bens e expulsalas a Compostela. 
    Quico Cadaval dirixe a montaxe, que conta cun elenco formado por Belén Constenla, Melania Cruz, Rebeca Montero, Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira. 
    Conversamos coa dramaturga, o director e unha das actrices.
    16 min
  • 'Son coma glaciares os barcos de aceiro'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Son coma glaciares os barcos de aceiro’, de Cynthia Menéndez. Unha novela que retrata o Vigo industrial e combatente a través das lembranzas dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical de finais dos anos noventa.
    12 min
  • 'Corentena. Game over'
    “Creo que mesturar improvisación e videoxogos nunca antes se fixo. Cada función é diferente”
    ‘Corentena. Game over’, de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, un show que combina teatro e videoxogo, un espectáculo interactivo que arranca xira o día 7 en Pontevedra.
    15 min
  • Absorbed e Barbarian Prophecies
    Death metal desde Santiago e Lugo
    Patty Castro pica música dos composteláns Absorbed, activos nos primeiros anos noventa. Tamén coñecemos os lugueses Barbarian Prophecies, que ademais de facer
    música colaboran en diferentes iniciativas para fortalecer a escena underground galega.
    10 min
  • 'Cantos do mar', a banda sonora do traballo nos barcos
    Susana Rodríguez Barcia e Bosco García de Gárate son os autores de 'Cantos do mar', un libro que compila, traduce ao galego e contextualiza 60 cantigas mariñeiras de diferentes países atlánticos.
    A maioría son cantos de traballo e servían para optimizar o labor a bordo, pero neles tamén se fala de praceres, saudade e dereitos laborais.
    Un código QR permite acceder a unha lista de versións musicais dos sesenta cantos que reúne a obra.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube