Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Cicatriz'
    “A danza non é so técnica, sobre todo é emoción”
    ‘Cicatriz’Unha creación da compañía Kirenia Danza, coproducida por Artestudio e a Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego
    Cicatriz parte do poema homónimo de Antón Reixa, unha obra de trescentos versos que comezan coa palabra "quero", nos que o autor explora o desexo e a súa influencia na vida das persoas para empoderalas fronte os prexuízos e discriminacións.
    Interpretada por Kirenia Martínez e Antón Reixa, estréase o venres 28 na sede da SGAE en Santiago ás 20:30
    15 min
  • 'Espazo e tempo A escultura na Colección Abanca'
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Espazo e tempo', que explora a relación entre escultura, pintura e arquitectura a través de pezas da colección Abanca. 
    Na mostra hai obras de Manolo Paz, Isidoro Brocos, Chillida, Oteiza ou Antoni Tàpies, entre outros. Pode visitarse na sede de Afundación na Coruña ata o 30 de agosto.
    11 min
  • Michu da Rocha debutan con 'Tempos de entroidar'
    Michu Malvar era batería de grupos de rock ata que decidiu dar un paso adiante e cantar as súas propias cancións. Así nace o grupo Michu da Rocha, que acaba de publicar 
    o seu primeiro disco, 'Tempos de Entroidar'. Once cancións que navegan entre o funk, o blues e o pop, e que miran con ironía a vida cotiá.
    18 min
  • 'Ata que a morte nos separe'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Ata que a morte nos separe’, de Elena Gallego. Unha homenaxe a Agatha Christie que recupera a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos na ruta marítima do Camiño de Santiago.
    13 min
  • Estrea de Fernando Buide
    Pablo Sánchez Quinteiro repasa os concertos que as grandes orquestras galegas ofrecen esta semana. No concerto de abono da Sinfónica de Galicia estrearase 'Cántico', unha obra do compositor galego Fernando Buide. Nas actuacións da Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Ferrol estrearase unha composición da vasca Helga Arias e Sara Ferrández será viola solista.
    O noso colaborador comenta tamén o último concerto da orquestra Gaos.
    11 min
  • As novas preguntas do forno de Castromao
    Preestréase en Ourense o documental 'Anatomía dun forno', que testemuña un proxecto de investigación de arqueoloxía experimental, iniciado na USC en 2010, que mudou as hipóteses sobre os usos de fornos coma o atopado en Castromao nos 60’s e abre novas vías para analizar o papel das landras na sociedade castrexa. No documental, realizado pola produtora Illa Bufarda, participan Pepa Castiñeira Rey, profesora da Prehistoria na USC ata a súa xubilación ou o arqueobotánico
    Andrés Teira Brión, cos que conversamos.
    17 min
  • Eris Mackenzie 3
    Carlos Crespo completa o repaso polo máis novo de Eris Mackenzie, un artista e produtor de indie-pop electrónico/urbano
    9 min
  • Víctor Freixanes
    “A lingua galega é moito máis que un ben cultural e un sinal identitario...é un valor económico diferenciador nun mundo globalizado”
    Recibimos a visita de Víctor Freixanes, que remata mandato coma presidente da Real Academia Galega logo de oito anos.
    20 min
  • Libros e películas
    Eva Mejuto propón hoxe unha lectura cinematográfica: ‘A excursión a Cans. Unha veciña de película’, de Iria Misa, e mais un debut literario serodio, Charlotte, de Consuelo Vercher.
    9 min
  • 'Salvaxe salvaxe' chega aos cines
    “O lobo é un elemento polarizador”
    'Salvaxe salvaxe' , un 'anti-documental de natureza' de Emilio Fonseca, indaga nos límites entre o doméstico e o silvestre. A película mergúllanos sensorialmente nos montes de Galicia e do norte de Portugal nos que sobreviven algunhas mandas de lobos e convídanos a reconectar con outras criaturas.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube